San Adriano (Lourenzá) celebra as festas de Santa Filomena do 4 ao 6 de setembro

A parroquia de San Adriano, no municipio de Lourenzá celebra as festas na honra a Santa Filomena desde este venres, día 4 de setembro, ata o domingo 6.

As actividades comezarán o venres a partir das 21:30 horas con pulpada e churrascada e verbena a cargo das orquestras Principal e Saudade.

O sábado celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén amenizará a verbena xunto á Trébol.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e a continuación haberá sesión vermú a cargo do grupo de baile da asociación cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e da orquestra Pontevedra, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Epo-K.

A organización destaca que o campo da festa estará cuberto por unha gran carpa.