Eventos
Mariña Patrimonio organiza este xoves, día 17 de setembro, ás 17.30 horas, unha visita aberta ao castro de Rueta, en Cervo, para dar a coñecer os traballos arqueolóxicos que se están realizando esta semana no xacemento.
A intervención comezou o pasado luns e “permitiu xa poñer ao descuberto estruturas arqueolóxicas. Con todo, os traballos aínda se atopan nunha fase inicial e é demasiado pronto para determinar a natureza, función ou cronoloxía dos restos localizados”, explica Mariña Patrimonio, que engade: “durante a visita o equipo técnico de Tempos Arqueólogos, responsable da execución da sondaxe baixo a dirección do arqueólogo Fran Alonso Toucido, explicará ás persoas asistentes o traballo realizado, a metodoloxía empregada e as estruturas aparecidas ata o momento. Constitúe unha oportunidade excepcional para observar directamente a...
leer másO Teatro Pastor Díaz acollerá durante os meses de outubro, novembro e decembro unha programación cultural con propostas de teatro, circo, música, humor e maxia.
O Concello de Viveiro destaca que “a axenda inclúe espectáculos para público adulto, infantil e familiar, con compañías e artistas galegos como Carlos Blanco, Teatro ó Cubo, Pistacatro, Contraproducións ou Ártika Teatro”.
A concelleira de Cultura, Saray Ventura, destaca a variedade da programación e a presenza de propostas dirixidas a diferentes públicos: “quixemos preparar unha programación variada, con propostas para todos os públicos e diferentes disciplinas artísticas. O Teatro Pastor Díaz ofrecerá durante estes tres meses teatro, música, circo, humor e maxia, con espectáculos para desfrutar en familia e tamén para o público adulto. Animamos a veciñas...
leer másO Concello de Lourenzá organiza unha festa para celebrar o remate do programa Verán na Praza. Será este venres, día 18 de setembro, ás 17:00 horas na Praza do Conde Santo.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia que “haberá Festa Holi, con cor música e moita diversión; merenda para tod@s, entrega de diplomas e moitas sorpresas e momentos especiais”.
O Concello de Lourenzá recomenda aos asistentes que leven roupa clara que se poida manchar e protección para os ollos. “E se tes 5 ou máis selos no teu pasaporte do Verán na Praza, non esquezas traelo: recibirás un agasallo sorpresa!”, destaca.
A rexedora municipal salienta “o éxito desta primeira edición do programa Verán na Praza, xa que as actividades contaron con moitos asistentes” e agradece a colaboración das asociacións que “...
leer másA asociación veciñal da parroquia ribadense de A Devesa organiza unha excursión a Pontevedra e Cambados para este sábado, día 19 de setembro.
“Xa temos aquí a nosa vindeira viaxe cultural! O sábado 19 de setembro deixamos as rutinas na casa e marchamos descubrir a maxia de Pontevedra e o encanto de Cambados. Grazas á colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Cultura), organizamos un día redondo onde non vai faltar a boa comida, o turismo e, sobre todo, moita diversión entre veciños. O plan para o día: viaxe completa (bus de ida e volta), guía para non perder detalle, almorzo e un bo xantar”, explica a Asociación de Veciños A Devesa, que engade: “punto de encontro: ás 07:30 h no Local Social (Círculo Habanero). Puntualidade británica e moitos sorrisos!”.
Os prezos son: 30 euros para as persoas...
leer másFoz acollerá este sábado, día 19 de setembro, a última cita de XOGAL 2026, o ciclo de escape rooms ao aire libre que percorreu este verán dez concellos galegos. Baixo o título Coñece Foz a través dos seus murais, a proposta “converterá o paseo marítimo nun gran taboleiro de xogo no que as persoas participantes descubrirán os murais, as esculturas e a memoria mariñeira do municipio mentres resolven enigmas e superan retos. A actividade arrancará ás 11:00 horas no mural Rente ao Mar”, explica a organización deste evento, que engade que “o fío condutor da aventura son as propias figuras do paseo: as que levan anos contando quen é Foz quedaron sen voz, e os equipos deberán devolverlla da man de Kei, a mascota que guía todos os circuítos de XOGAL. O percorrido é circular, de preto de 2,4 quilómetros e trece probas”.
Tamén indican que “...
leer másO Concello de Barreiros presenta a terceira edición do festival de cultura urbana Son Urbán, “un evento consolidado na axenda cultural do municipio que mestura as diferentes disciplinas da cultura urbana”. Celebrarase o venres 9 de outubro na Praza do Concello, converténdose nun punto de encontro da creación artística e a música en directo.
A iniciativa está organizada polo Concello de Barreiros e conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. “O cartel deste 2026 destaca pola presenza de recoñecidos nomes de artistas musicais e por unha potente combinación cultural aberta á mocidade e a poboación en xeral. O evento estará xestionado por Trasnosound na parte artística e contará ademais das propostas musicais con actividades de Vella Escola e a presentación do libro Somo HipHop”, explica o Concello de Barreiros, que engade...
leer másAs festas de Trasbar, no municipio de Cervo, celebraranse os días 16, 18, 19 e 20 de setembro.
As actividades comezarán o mércores 16 ás 13:00 horas con misa solemne na honra á patroa, Santa Eufemia, e logo haberá sesión vermú co grupo Foles de Viveiro, dentro do programa Tradigalu, da Deputación de Lugo.
O venres 18 será a primeira verbena, a partir das 23:00 horas con Conxuro Discoteca Móvil.
O sábado ás 14:00 horas celebrarase misa solemne e procesión na honra a San Eufemina e a continuación sesión vermú coa orquestra Alabama, que tamén actuará na verbena coa Discoteca Móvil Conxuro.
E o domingo 20 ás 13:00 horas haberá misa solemne e procesión na honra á Virxe do Carme e Santa Antonio e despois sesión vermú longa co dúo Epok. E rematarán os actos ás 21:00...
leer másO Concello de Viveiro dará continuidade este outono ao programa de bailes dirixido ás persoas maiores do municipio, unha iniciativa que se retoma tras a boa acollida e participación acadada na pasada edición.
A programación responde á aposta do Concello por seguir promovendo propostas de lecer e socialización para as persoas maiores, favorecendo espazos nos que compartir, relacionarse e desfrutar de actividades adaptadas aos seus intereses.
Tras a experiencia positiva do pasado ano, o Concello decidiu repetir a iniciativa cunha nova programación de bailes que se estenderá durante os vindeiros meses. Polo momento, quedan confirmadas tres citas para o último trimestre de 2026, mentres que a programación de 2027 será anunciada máis adiante.
A primeira sesión terá lugar o sábado 3 de outubro...
leer másA asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo nos Ancares desde o venres 25 ata o domingo 27 de setembro.
A saída será o venres ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do martes 22 de setembro a través do teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 135 euros para os socios do colectivo organizador e de 145 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e inclúese tamén o xantar do domingo. As prazas son limitadas (por orde de inscrición).
Viveiro celebrará el Día de la Exaltación de la Santa Cruz el lunes 14 de septiembre a las 20:00 horas en la iglesia de San Francisco.
Es un acto organizado por la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, cuya portavoz, Mari Carmen López Gómez, que anuncia: “el próximo lunes día 14 conmemoramos la Fiesta de la Exaltación de la Santa Cruz; en ella se rememora y se honra y exalta la Cruz, como símbolo del sacrificio, resurrección, redención y triunfo de Cristo sobre la muerte y el pecado, transformando el dolor en vida nueva. Los que nos sentimos cristianos recordamos el papel central que tiene la Cruz en nuestras vidas. Y así como en Semana Santa está dedicado a la Pasión de Cristo, en estas fechas lo celebramos como signo de salvación. Nos haría mucha ilusión poder contar con muchos Cofrades, de todas las Cofradías no solo de...
leer más












