Eventos
Este luns, 4 de maio, partiu desde Foz un grupo formado por representantes técnicos da Mancomunidade de Concellos da Mariña e de establecementos distinguidos no SICTED, xunto con persoal técnico dos Concellos, para visitar durante os vindeiros tres días a Reserva Natural da Biosfera de Urdaibai, no País Vasco. Esta viaxe de prospección -no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña e máis concretamente no programa do SICTED, cofinanciado pola Mancomunidade, Xunta de Galicia e Secretaría de Estado de Turismo (SETUR)- ten como obxectivos “coñecer o modelo de gobernanza e xestión deste enclave natural vasco, así como achegarse ás experiencias e boas prácticas de xestión turística que as diferentes entidades desenvolven na zona”.
A través desta iniciativa, impulsada pola Mancomunidade, "trátase de observar no territorio como se...
leer másBurela acollerá o sábado 16 de maio a celebración do XVI Encontro de Palilleiras, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras, unha cita que terá como escenario principal o porto de Burela e que incluirá diferentes actividades en distintos puntos da vila.
Na presentación do evento destacouse “tanto o traballo da organización como o impacto desta xuntanza na dinamización cultural e social do municipio”, explica o Concello de Burela, que anuncia: “a programación desenvolverase ao longo de toda a xornada do sábado, comezando ás 10:30 horas coa recepción das palilleiras, seguido da demostración de traballos ata as 13:30 horas. Ás 11:30 terá lugar a inauguración oficial e ás 12:00, unha degustación de empanada de merluza de Burela. Durante a mañá tamén están previstas visitas ao Monte Castelo, á igrexa...
leer másViveiro será escenario esta semana, concretamente o mércores día 6 e o xoves 7, de varias actividades da Garda Real, no marco da súa presenza na provincia de Lugo.
O programa “está pensado para achegar á cidadanía o traballo e as capacidades da unidade a través de propostas abertas ao público”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia: “entre as actividades previstas figuran as visitas a centros educativos, que terán lugar o mércores 6 e o xoves 7 pola mañá. Con elas búscase achegar o labor da Garda Real aos alumnos e ofrecerlles unha oportunidade de coñecer máis de preto o traballo que desenvolven as súas unidades. A programación continuará o mércores 6 de maio ás 18.00 horas cunha xornada de adestramento canino na Praza Maior. As persoas que así o desexen poderán acudir cos seus cans para recibir orientación por parte dos efectivos da...
leer másA Guardia Real será a encargada de izar as bandeiras no espazo habilitado a carón da Casa do Concello de Ribadeo. O acto terá lugar o vindeiro xoves, 7 de maio, pola tarde.
O alcalde, Dani Vega, anunciou que “dentro da programación de actos que está tendo a Guardia Real na provincia de Lugo, tamén se trasladan a Ribadeo. O primeiro que quero é mostrar o meu agradecemento á Casa Real e á Guardia Real por trasladar estas actividades, estes actos solemnes aos distintos municipios e que todos poidamos observar actos que non estamos acostumados a ver”. O rexedor cre que esta actividade “acerca a Guardia Real á poboación e podemos observar actos que son tamén de importancia. Nosoutros temos que mostrar o agradecemento profundo aos mandos militares da Guardia Real pola excelente coordinación e colaboración con este Concello para desenvolver este...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) foi recoñecido co Premio Comercio Dinamización 2025, outorgado pola Xunta de Galicia, nun acto celebrado en Santiago o pasado mes de novembro. E para celebralo organiza a Festa do Comercio co sorteo dunha Extra de Verán de 1.200 euros, “unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio local e agradecer á veciñanza o seu apoio continuo. Este sorteo especial terá lugar o vindeiro 30 de maio ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, converténdose nun punto de encontro para veciños, visitantes e comerciantes. Pero a tarde estará chea de actividades e sorpresas”.
O CCHV explica tamén que “como principal atractivo a campaña inclúe o sorteo dunha Extra de Verán, cun premio de 1.200 euros, co que se busca incentivar as compras nos negocios asociados. Para participar os clientes poderán...
leer másA parroquia de Xudán, no municipio de A Pontenova, celebrará a festa Hijas de María o día 9 de maio, sábado.
As actividades comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión, sesión vermú e comida. Os tickets para participar están á venda ata o martes 5.
Ademais actuará a cantante Verónica Cambón e haberá xogos e exhibición de zumba.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza a terceira edición do Día da Veciñanza de Alfoz, que será o día 10 de maio, domingo. Haberá sesión vermú desde as 13:00 horas e a comida comezará ás 14:00. Tamén se anuncian sorteos, actividades para nenos e nenas e a música será a cargo do dúo The Poker.
“Xa está preto o noso gran encontro veciñal! Nos esquezas que a data límite para anotarse é o 3 de maio. Para apuntarte só tes que chamar a calquera das asociacións das parroquias e así gozar dunha xornada única de festa e encontros”, anuncia a asociación O Castelo.
A parroquia de Santa Cruz, no municipio de O Valadouro, celebrará as súas festas patronais este domingo, día 3 de maio.
As actividades comezarán con misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará o tardeo desde as 20:00 horas e con colchonetas gratis para os nenos e nenas.
A parroquia de Chavín, no municipio de Viveiro, celebrará as festas da San Cruz esta fin de semana, días 2 e 3 de maio.
As actividades comezarán o sábado 2 ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Ademais haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo JB Son.
E o domingo 3 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. E a continuación empezará unha sesión vermú prolongada co dúo Primera Línea.
Haberá carpa instalada no campo da festa.
O Concello de Foz abre o prazo de preinscrición para o programa de actividades Aberto x Vacacións, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto.
O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, anuncia que o Concello de Foz “volta un verán máis co Aberto por Vacacións. Temos programado un verán cheo de diversións con actividades para nenas e nenos nadas/os entre os anos 2014 e 2022. Haberá actividades por todo o pobo e o campamento base será no CEIP O Cantel en horario de 10:30 a 13:30. E para para os que necesiten unha maior conciliación dispoñemos da opción Érguete, con inicio as 09:00 horas”.
A preinscrición realizarase a través do envío do formulario por sede electrónica ou presentando a documentación por rexistro no Concello. Toda a información está dispoñible na web...
leer más












