Xeolóxica

Etiquetas:
12/07/2022

Da man do xeólogo Francisco Canosa os asistentes realizarán de maneira didáctica, un paseo polo litoral entre furnas, pregues, intrusións de rochas magmáticas e mesmo restos fósiles que non os deixarán indiferentes.

O percorrido dará comezo na praia de Arealonga e rematerá na de Fontela-Valea, a duración será de 3,5 horas e a distancia lineal de 3,5 quilómetros (NON inclúe regreso ao punto de partida). A dificultade é moderada. 

Desde a organización recomendan levar roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou de trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc), mascarilla, xel hidroalcohólico. 

Nota: camiñarase sobre area e zonas rochosas.

As persoas interesadas poden atopar máis...

leer más
Etiquetas:
06/04/2022

O Concello de Barreiros organiza, a través da súa área de Turismo, unha ruta xeolóxica pola costa de Barreiros que terá lugar o sábado 16 de abril ás 10:00h, con saída dende a praia de Arealonga e final na praia de Fontela-Valea (aprox. 3,5Km lineais). A actividade durará aproximadamente 3,5 horas, sen contar o regreso ao punto de partida estimado nuns 30 minutos. Novamente, estará guiada polo xeólogo Francisco Canosa.

O litoral de Barreiros presenta unha interesante xeodiversidade que soe pasar desapercibida, un patrimonio natural que nos axuda a entender a historia do planeta terra. Así poderase coñecer como se crean as furnas e arcos que se presentan ao longo desta franxa costeira e que recordan aos da coñecida Praia das Catedrais. Falarase tamén das diversas rochas que atopamos ao longo do percorrido e da súa xénese. Descubriremos...

leer más
Etiquetas:
03/04/2021

Desde o Concello indican que “todas as previsións quedaron curtas e o voso interese pola ruta xeolóxica deste sábado obríganos a organizar outra na vindeira fin de semana”.

E lembran que “o día 30 de marzo abriuse o prazo para a inscrición na actividade deste sábado e antes das 10.00 da mañá xa estaban cubertas as prazas comezando a haber lista de agarda, a cal ao longo destes días se foi incrementando”.

A nova ruta será o 11 de abril “co fin de darlles a posibilidade ás persoas que forman parte da elevada lista de agarda que temos para a deste fin de semana de coñecer este interesante tramo do noso litoral dende a perspectiva xeolóxica. En caso de cancelacións contactarase, por orde de inscrición, coas persoas que non obtiveron praza en ningunha das dúas rutas”.
 
Desde o Concello barreirense subliñan...

leer más
Etiquetas:
28/03/2021

O vindeiro sábado, 3 de abril, ás 16.00 horas dará comezoa ruta xeolóxica polas praias do Concello, entre Fontela-Balea e Arealonga, que organiza o Concello. Terá unha duración aproximada de 3 horas (sen contar o regreso). Estará guiada polo xeólogo Francisco Canosa.

As prazas serán limitadas.Imprescindible inscrición previa enviando un correo electrónico a turismo@concellodebarreiros.gal con: nome, apelidos e DNI de tódolos participantes xunto co teléfono de contacto e o concello de procedencia.

O prazo de inscrición remata o día 2 de abril ás 14.00 horas. Esta é unha actividade gratuíta

A realización da actividade e/ou o número final de participantes queda supeditada ás condicións meteorolóxicas e ás correspondentes actualizacións...

leer más
Etiquetas:
06/06/2018

A asociación cultual A Pomba do Arco organiza o mércores, 13 de xuño, ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima, unha palestra sobre as formacións xeolóxicas da Mariña que correrá a cargo do xeólogo Xoán Ramón Vidal Romaní.

O conferenciante é un dos grandes coñecedores dos estudos xeolóxicos en Galicia e con diversos traballos sobre a realidade xeolóxica da comarca da Mariña. Destacan, entre os seus traballos recentes, as súas investigacións sobre  a formación da Praia das Catedrais, e é autor de diversos estudos encargados pola Xunta de Galicia para analizar a situación do conxunto natural.

Xoán Ramòn Vidal Romaní, profesor emérito de xeoloxía na Universidade da Coruña e membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, fará un repaso pola historia xeolóxica da Mariña, significando aquelas formacións...

leer más
Etiquetas:
09/05/2018

A Concellería de Turismo está a enviar cartas aos hostaleiros e hostaleiras locais para invitalos a que o vindeiro luns, 14 de maio, realicen a ruta xeolóxica do Perdouro. O obxectivo, segundo Ramiro Fernández Rey, é implicar ao sector na promoción turística de Burela.

O concelleiro burelés anunciou que “desde a Concellería de Turismo de Burela vimos de poñer en marcha unha iniciativa para involucrar un pouco máis ao sector hostaleiro nas rutas xeolóxicas”.

Ramiro Fernández explicou que “imos facer unha ruta xeolóxica única e exclusivamente invitando aos hostaleiros do pobo. Parécenos importantísimo que os primeiros en ensinar e en explicar as rutas xeolóxicas sexan os propios hostaleiros, e por iso o día 14 imos facer unha ruta unicamente para eles. A saída vai ser ás dez da mañá da Oficina de Turismo e faremos a...

leer más