O Concello de Barreiros organiza unha ruta xeolóxica polas súas praias. Será o 3 de abril. A inscrición está aberta.

O vindeiro sábado, 3 de abril, ás 16.00 horas dará comezoa ruta xeolóxica polas praias do Concello, entre Fontela-Balea e Arealonga, que organiza o Concello. Terá unha duración aproximada de 3 horas (sen contar o regreso). Estará guiada polo xeólogo Francisco Canosa.

As prazas serán limitadas.Imprescindible inscrición previa enviando un correo electrónico a turismo@concellodebarreiros.gal con: nome, apelidos e DNI de tódolos participantes xunto co teléfono de contacto e o concello de procedencia.

O prazo de inscrición remata o día 2 de abril ás 14.00 horas. Esta é unha actividade gratuíta

A realización da actividade e/ou o número final de participantes queda supeditada ás condicións meteorolóxicas e ás correspondentes actualizacións normativas que se puideran producir segundo a evolución epidemiolóxica.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á Oficina de Turismo. Tlf.: 606 83 56 26.