A escritora María López Sández estará o 28 de novembro na Libraría Bahía, en Foz.

O luns, 28 de novembro, ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, na Libraría Bahía contarán coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro”, explican.

Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegar á libraría. Antes, esa mesma tarde, María estará no IES de Foz conversando co alumnado.