Festival
A deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade, Mónica Freire, asinou coa Asociación Cultural e Deportiva das Minas, un convenio de colaboración con valor de 7.500 euros para a organización da XIII Edición do Festival as Minas da Pontenova, que se celebrará o vindeiro 14 de decembro na Praza dos Fornos da Pontenova.
Nesta ocasión o programa inclúe por primeira vez unha baixada a Mina Consuelo, exclusiva para espeleólogos federados, que porá en valor o patrimonio e tradición mineira do Concello mariñao, un dos principais obxectivos cos que naceu este Festival.
“Este ano temos un dos mellores carteis do festival, grazas ao apoio económico da Deputación e o Concello, pois contaremos cunha das primeiras paradas da nova xira dos Heredeiros da Crus, que polo de agora ten confirmados concertos en Madrid, Barcelona, Santiago...
leer másA Asociación Cultural Ronqueta xunto co Concello organizan a terceira edición do Festival Tradicional de Ribadeo que se celebrará o vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 20:00 horas no Cantón dos Moreno (en caso de inclemencias meteorolóxicas trasladarase ao Teatro de Ribadeo).
Nesta ocasión os grupos participantes serán A. C. Santa Columba de Ribadelouro (Tui), A. C. Peleriños (Sarria), Grupo Tradicional Marbadás (Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo) e os anfitrións Cuarteto Illa Pancha.
Ás 19:45 horas as agrupacións farán un breve pasarrúas desde o Teatro ata o Cantón.
Os Macanudos de Barreiros organiza la II edición de Holi Wave Festival de Colores, que se celebrará el sábado 17 de agosto.
A partir de las 18:00 horas, en la zona de San Bartolo-Remior-San Cosme, en Barreiros, comenzarán las diversas actividades. Habrá servicio de bar, desde las 17:00 horas, discoteca móvil y ambientación musical. Se entregarán premios a los más originales en todas las categorías.
La jornada concluirá con una gran cena popular y las personas interesadas en asistir pueden comprar los tickets en la web oficial Holiwave, en Café Bar Moderno de San Cosme, en La Barrica de Lorgi en la playa de Benquerencia y en Balcón de San Bartolo en la playa de San Bartolo. Puede obtenerse más información y formalizar las inscripciones en www.holiwavebarreiros.com. ...
leer másA Praza Maior de Viveiro acollerá a trixésimo quinta edición do Festival de Música Coral organizado pola Coral Polifónica Alborada este domingo, día 11 de agosto, a partir das 21:00 horas.
Neste evento actuarán a coral Airiños de Campañó, de Pontevedra, que dirixe Enrique Alberto Martínez; a coral Hospital Xeral-Calde, de Lugo, e o coro feminino lucense Cantar Delas, os dous dirixidos por Fernando Gómez Jácome; e a agrupación anfitrioa: a Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, que dirixe Luis Vicente Fernández Prieto.
O festival contará ademais coa colaboración especial da soprano Noa Outumuro González e do pianista Ricardo Blanco Rodríguez.
Este evento está patrocinado polo Concello de Viveiro e FECOGA.
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Foz, Francisco CajotoCaserío, presentaron este venres, na Oficia de Turismo do Concello de Foz, o VI Festival Bal y Gay que se celebrará neste Concello mariñán dende o 24 ata o 29 de agosto. No acto de presentacióntamén participou o director do festival, Enrique Rodríguez Baixera. A Deputación colabora con este evento cultural, realizando unha achega económica de 6.000 euros.
García Pernas sinalou que “esta cita, que xa vai pola sexta edición, une a música clásica co mundo do rural, favorecendo que os nosos veciños e veciñas poidan achegarse a este xénero musical.Ao longo de seis días, o Concello de Foz converterase nun escenario de referencia da música clásica, pois poderemos escoitar en concertoa intérpretes de primeiro nivel. como Noelia Rodiles, o...
leer másA Xunta de Galicia apoia unha nova edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante, cita declarada de interese turístico galego que se celebra este sábado na localidade lucense de San Miguel de Reinante, no concello lugués de Barreiros.
A presentación do cartel contou coa presenza do delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, quen gabou o esforzo que desenvolve a asociación O Arco da Vella que, desde 1980, promove este evento en colaboración co Concello.
Nesta ocasión a cita coas mellores músicas folclóricas do mundo terá lugar a partir das 22 horas no recinto do campo de fútbol das Valgas, salvo que as condicións climatolóxicas sexan adversas, nese caso, trasladarase ata o pavillón de San Miguel.
O festival presenta este ano un cartel especialmente salientable que...
leer másSargadelos acollerá do 24 ao 27 de xullo un Festival multidisciplinar que contará con actividades pensadas para todos os públicos.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez Pernas, e por unha representación da Asociación Cultural Amigos da Troula, que coorganiza a actividade.
Tal e como explicaron “deseñamos un completo programa co obxectivo de facer gozar a veciños e visitantes de catro días de ocio e diversión”.
O Festival ábrese o mércores 24 de Xullo co Trail Solidario 6KM de Sargadelos. O prazo de inscrición remata este domingo, ás 00:00 horas. Xa que correr é de balde, a cambio pídese unha pequena doazón de alimentos que vai destinada a unha ONG.
Ao acabar a...
leer másA Escola de Música Arcadio Mon, de Foz, celebra o festival de fin de curso este sábado 22 de xuño.
Os actos terán lugar, na Sala Bahía de Foz, a partires das 18:30 horas.
Haberá actuacións de música e movemento coa Aula Coral, a Prebanda e a Orquestra de Jazz.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso do seu vixésimo quinto aniversario. Farao de xeito oficial este sábado. “Como vinte cinco anos non se cumpren cada día, queremos facer un festival de fin de curso aberto a toda a cidadanía, de aí que o realicemos no Parque de San Francisco”, sinala Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Hugo García salientou que “o festival será un ano máis unha caixa de sorpresas. Este ano decidimos romper coa idea dun festival temático, tal e como viñamos facendo até o de agora, porque cremos que a ocasión o merece e que os 25 anos da Escola había que celebralos con actuacións especiais, con presenza de xente que pasou polo centro durante este tempo”.
O responsable da EMMeD de Ribadeo dixo que “será, unha vez máis, un festival que non...
leer más