Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse a XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo que se celebrará na cidade episcopal o sábado 21 de xuño de 2025”. No acto participaron o alcalde, Manuel Otero, e a concelleira Patricia Otero.
Está organizada pola Asociación Clásicos Mindoniense Mira e Anda, que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, entre outras entidades.
O Concello de Mondoñedo ven de recibir oficialmente a entrada do Mercado Medieval de Mondoñedo na Asociación Española de Fiestas y Recreaciones Históricas, así como tamén na Asociación Europea.
“Neste mes de maio, coa colaboración da Asociación O Pasatempo de Mondoñedo, o Mercado Medieval, que se celebra na localidade episcopal na segunda fin de semana de agosto, entrou por dereito propio como unha das festas de referencia en Galicia. Esta entrada coincide nun momento no que xa se está a traballar a pleno rendemento para a celebración da presente edición do Mercado Medieval que chegará á súa, trixésimo terceira edición”, anuncia o Concello de Mondoñedo.
O colectivo Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza unha festa para ver o festival de Eurovisión este sábado, día 17 de maio, a partir das 20:45 horas.
Haberá retransmisión do festival de Eurovisión en gran pantalla, pinchos, porra eurovisiva, festa post-gala e algunha sorpresa.
Para os socios do Casino de Mondoñedo a entrada é de balde e as persoas que non pertencen ao colectivo teñen que pagar 5 euros. Para máis información e reserva de entradas os interesados poden contactar coa organización do evento a través do teléfono 602.450.939.
O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo acolle durante este mes de maio a exposición titulada Universo Vizoso, comisariada por Aser Álvarez e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra reúne preto dun cento de carteis e ilustracións, que amosan a evolución creativa do artista mindoniense alén da súa traxectoria como deseñador de Sargadelos, e inclúe a súa escultura San Froilán, unha peza do Museo Provincial de Lugo que sae por primeira vez desta espazo para acompañar a itinerancia da exposición.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou na inauguración, acto no que explicou que “a mostra xurdiu como unha proposta para recoñecer e divulgar a obra de Xosé Vizoso no marco do Día da Ilustración, que se dedicou este ano á súa obra” e sinalou “a itinerancia da mostra en Mondoñedo como un recoñecemento e homenaxe á...
leer másAs XVIII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño desenvolveranse os días 12 e 13 de maio, luns e martes, nos concellos de Mondoñedo e Abadín. Este evento celébrase “en conmemoración do décimo aniversario da declaración de Patrimonio da Humanidade dos Camiños de Santiago do Norte e de arroupa ao proxecto Da Catedral de Mondoñedo a Catedral de Santiago de Compostela”, explica a organización.
As actividades comezarán o luns 12 maio no salón de actos do IES San Rosendo. Ás 16:30 horas terá lugar un saúda inaugural, no que participarán o director IES San Rosendo, os alcaldes de Mondoñedo e Abadín e o presidente da asociación Abrindo Camiño, José Luis Fernández Ansedes. A continuación haberá unha charla coloquio con proxección de audiovisuais: Análise actual e DAFO dos Camiños de Santiago do Norte; O Albergue La cabaña del Abuelo Peuto...
leer másO Concello de Mondoñedo anuncia que este xoves, día 8 de maio, ás 17:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Universo Vizoso no Centro Sociocomunitario mindoniense. A mostra, que versa sobre a obra do artista Xosé Vizoso, recentemente falecido, permanecerá aberta ao público durante un mes na cidade episcopal.
O Concello de Mondoñedo convida “a toda a cidadanía á asistir a este acto e a visitar a exposición deste ilustre mindoniense durante as vindeiras semanas”.
O equipo de goberno do Concello de Mondoñedo anuncia que está ultimando os preparativos para a celebración do Correlingua 2025, que terá lugar o martes 20 de maio, “convertendo a cidade nun espazo de encontro e diversión para os máis novos, coa lingua galega como gran protagonista da xornada”.
Tamén explica que “a xornada será presentada por Frank Rey e incluirá diversas actividades adaptadas a todas as idades. Para os máis pequenos haberá unha sesión especial con Paco Nogueiras e a música da Mecánica Rolling Band, ambas na praza da Catedral”.
Mondoñedo acollerá, dentro do Día das Letras Galegas, un acto sobre Álvaro Cunqueiro da man de Ediciones 98 (www.ediciones98.com), que achegará a súa serie de libros en castelán, cos títulos Merlín y familia, Gente de aquí y acullá, Las crónicas del sochantre, Escuela de curanderos y fábula de varia gente, Los otros feriantes e o inédito, que veu a luz no pasado ano, La taberna de Galiana.
O acto, de entrada libre, terá lugar na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro e nel acompañarán a Jesús Blázquez, director da editorial que levará o peso da intervención, o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e Aurora Moirón, curmán de Cunqueiro que “conviviu con el nuns momentos tan senlleiros como foron os anos en que escribe o Merlín e Familia, no mesmo lugar que hoxe ocupa...
leer másA Área de Rural da Deputación de Lugo promocionará a carne de poldro de Pura Raza Galega e de Porco Celta nas Feiras e Festas das Quendas de Mondoñedo, que se inauguran oficialmente esta tarde -co pregón de Xulia Nogueira – e que se alongarán ata o domingo.
A través do programa Un gusto de rural, un rural degusto, mañá, coincidindo coa Gran Feira Tradicional de Gando, a área dirixida por Daniel García organiza unha demostración de cociña e degustacións gratuítas de receitas con carnes destas razas autóctonas, a partir das 11.30 horas na Alameda.
O público poderá degustar, gratuitamente, brioche de porco celta, encurtidos e crocante e hamburguesa gourmet de Poldro galego con queixo de San Simon da Costa
Ademais, do 2 ao 4 de maio, oito locais de hostalería mindonienses que se adheriron á...
leer másA Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coas Feiras e Festas das Quendas, que se celebran do 30 de abril ao 4 de maio en Mondoñedo.
A área dirixida por Daniel García colabora coa Asociación As San Lucas, organizadora da feira, nas actividades ligadas á gandeiría, como a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar e Razas Autóctonas na que participan gandeirías da comarca e doutros puntos de Galiza.
O recinto tamén acollerá unha exposición de razas autóctonas, con exemplares de porco celta, ovella e cabra galega e cabalos de Pura Raza Galega. Ademais, durante a xornada celebrarse un certame morfolóxico de cabalos de Pura Raza Galega.
Daniel García felicitou á organización por “seguir impulsando unha feira que pon en valor a tradición gandeira do concello e...
leer más