Alumnado do Conservatorio Superior de Música da Coruña ofrecerá concertos en Burela e Mondoñedo o 16 de abril

Alumnado do Conservatorio Superior de Música da Coruña ofrecerá concertos nos que interpretarán o Réquiem de Fauré en Burela e Mondoñedo o día 16 de abril, xoves. O primeiro será ás 18:00 horas e o segundo ás 20:30. Como solistas actuarán a soprano Ana Manteiga e o barítono Antonio Facal e o director será Fernando L. Briones

O Concello de Burela anunciou que o xoves 16 ás 18:00 horas a igrexa parroquial de Santa María será o escenario da actuación da orquestra e coro do Conservatorio Superior de Música da Coruña, nunha colaboración coa Escola Municipal de Música de Burela. A entrada é libre ata completar capacidade.

E a Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, explicou: “o vindeiro xoves, 16 de abril, ás 20:30 horas na catedral de Mondoñedo, teremos o gusto de asistir ao concerto que ofrecerá alumnado do Conservatorio Superior de Música da Coruña, que interpretará o Réquiem de Fauré, unha das obras máis emotivas do repertorio coral”. Con entrada libre ata completar aforo.