Mondoñedo
El grupo Escolma de Meus, de Viveiro, ofrecerá un concierto de villancicos en Mondoñedo, este domingo, día 11 de enero.
Será en la Catedral Basílica de la Asunción a las 12:00 horas, cuando se celebrará misa solemne cantada y el concierto de villancicos a cargo de Escolma de Meus.
O profesor, escritor e músico César Morán Fraga presentará a súa obra titulada O eco das ondas. Caminhos arredor da música, libro publicado o pasado ano 2025 pola editoral Medulia. O acto será o mércores 7 de xaneiro ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de Mondoñedo.
Na presentación o autor estará acompañado pola violinista e xestora cultural Rebeca Maseda Longarela.
A Cabalgata dos Reis Magos en Mondoñedo, que se celebrará o luns 5 de xaneiro, comezará na refuxio de Argomoso ás 09:30 horas. O percorrido continuará por Lindín, Santa María Maior, O Carme, Vilamor, Masma, Oirán, Couboeira, Viloalle, Figueiras, Estelos, Cesuras Pelourín, San Vicente e Sasdónigas, a onde está previsto que cheguen ás 15:00 horas.
E desde as 17:00 horas farán un itinerario pola cidade que comezarán ás 17:00 horas na Residencia San Rafael e continuará polo Hospital San Pablo, percorrerán o centro histórico e rematarán cunha recepción no auditorio municipal Pascual Veiga ás 19:00 horas. Despois haberá chocolatada, ofrecida pola Asociación Cultural O Pasatempo.
Este sábado, día 27 de decembro, ás 19:30 horas a Casa da Cultura de Alfoz acollerá a música en directo da Big Band da Escola de Música de Mondoñedo.
O Concello de Alfoz anuncia que é “unha proposta musical perfecta para pechar o ano con ritmo e bo ambiente”.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ofrecerá no Pazo de San Tomé, de Mondoñedo, unha exposición de fotografías de José Pernas Moirón que reflicten a vida na localidade entre as décadas de 1950 e 1960. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, presentou a mostra, que se inaugurará este venres, día 12 de decembro, ás 18:00 horas e poderase visitar durante todo o Nadal.
Trátase dunha recompilación de 65 fotografías enmarcadas, descritas e datadas polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo, coa colaboración de Andrés García Doural, “gran coñecedor de Mondoñedo e das súas xentes”, destaca a Xunta de Galicia, que ademais explica que “Pepe Pernas, como era coñecido en Mondoñedo, era fillo doutro grande da fotografía, Santiago Pernas Salazar. Foi un fotógrafo de rúa que captou o acontecer da vila, desde a paisaxe...
leer másAs XXV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía serán os días 12, 13 e 14 de decembro. Foron presentadas polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Legide; a concelleira de Turismo e Camiño Norte, María Patricia Otero Doural; e o arqueólogo municipal, Abel Vigo García.
“Mondoñedo retoma a actividade divulgativa coa habitual cita arqueolóxica de decembro que, na presente edición, acada os 25 anos. A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 12, 13 e 14 de decembro na Sala de Conferencias do Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro, e será unha edición que versará, de forma xenérica, sobre o Fenómeno Xacobeo, abordando aspectos arqueolóxicos, históricos e da historia da arte, combinando isto cunha visita guiada ao Pórtico da Gloria e á Necrópole da Catedral de Santiago”, anuncia o Concello de Mondoñedo, que nesta edición...
leer másMondoñedo anuncia unha programación de Nadal que “chega do esforzo conxunto do Concello e o tecido asociativo: un total de 25 eventos que se desenvolverán entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro”.
Este sábado, 6 decembro, ás 21:30 horas haberá unha cea solidaria co grupo de góspel Aba Taano na Finca San Antonio.
O venres 12 de decembro ás 18:00 horas inaugurarase a exposición de fotos antigas do mindoniense Pepe Pernas, pertencente ao fondo do Arquivo Provincial da Xunta de Galicia en Lugo; será na sala de conferencias do Pazo de San Tomé. Ás 19:45 terá lugar a inauguración das XXV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía, no Pazo de San Tomé.
O xoves 18 ás 20:30 horas haberá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música O Pallarego, no auditorio municipal.
O...
leer másO Concello de Mondoñedo convocou a sétima edición do Concurso de Decoración de Nadal.
“O Nadal xa se achega e queremos que Mondoñedo volva lucir con toda a maxia e a creatividade da nosa veciñanza”, anuncia o Concello.
Poden participar persoas empadroadas en Mondoñedo, propietarios de inmobles ou establecementos no municipio, tanto de forma individual como colectiva.
As categorías son: vivendas particulares; establecementos e negocios; decoración colectiva en rúas ou prazas do casco urbano; e decoración colectiva nas parroquias ou barrios do rural.
As inscricións están abertas ata o 5 de decembro na Oficina de Turismo ou a través do teléfono 982.50.71.77. Será necesario enviar unha fotografía da decoración para a valoración do xurado.
Os...
leer másA diocese Mondoñedo-Ferrol anuncia que a catedral mindoniense celebrará este venres, día 5 de decembro, ás 19.30 horas a inauguración do seu monumental belén, nun acto que incluirá o pregón a cargo de Valentín Insua, histórico campaneiro do templo mindoniense. O acto, aberto ao público, conta coa organización desde o cabido catedralicio e a colaboración do Concello de Mondoñedo e diversas entidades sociais e culturais da cidade. A bendición do belén faraa o bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos. Tras o pregón poderase escoitar un concerto de música do Nadal, grazas a colaboración da Asociación Sendeiriña de Mondoñedo, a cargo do Coro de Adultos do Conservatorio de Viveiro, na terceira edición do Festival Panxoliñas no Camiño. E como na edición anterior, os visitantes poderán disfrutar das alfombras florais de Nadal que prepararon os membros da...
leer másA parroquia mindoniense de Masma celebra as festas na honra a San Andrés e a Inmaculada Concepción este sábado, día 29 de novembro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo do dúo Élite e ás 15:00 horas empezará un xantar popular.
Desde as 18:00 horas haberá sesión de tarde amenizada polo dúo Élite e ás 21:00 horas comezarán a verbena co dúo Élite e o grupo La Tremenda.
A organización anuncia que haberá sorteos entre os asistentes ao xantar, servizo de bar, baños, recinto cuberto con carpa e calefacción e amplos aparcamentos.












