Mondoñedo

20/10/2023

A asociación Abrindo Camiño convida a todas as persoas interesadas a asistir ao acto de presentación do libro de actas das ‘Extra XVI Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño. Homenaxe a Andrea López Chao’, que tiveron lugar o pasado verán en Mondoñedo e Vilalba. Será este domingo, 22 de outubro de 2023, a partir das 11:00 horas no auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo.

Abrindo Camiño anuncia que ás 11:00 horas terá lugar o acto de presentación das actas que, ademais de ser impresas en papel, terán unha versión dixital para facilitar a súa difusión a calquera parte de mundo. Contan co patrocinio da área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Ademais haberá concerto didáctico homenaxe a Andrea López Chao, de Troupelear, con Branca Villares e Pablo Pintor; proxección do...

leer más
16/10/2023

O sábado 21 outubro ás 20:00 horas no auditorio de Mondoñedo a compañía Metátese Teatro representará a obra titulada "Ao carón das palabras". Anúnciao a asociación cultural mindoniense O Pasatempo.

É unha actividade incluída no circuíto de teatro afeccionado da Deputación de Lugo, con entrada de balde.

Etiquetas:
08/10/2023

Os días 16 e 17 de outubro, luns e martes, celebrarase en Mondoñedo, concretamente, no Pazo de Santomé, a oitava edición da Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que está dedicada a o cabalo e a conservación do medio natural. 

A participación na reunión é de balde, pero é preciso inscribirse antes do 13 de outubro, indicando día e a intención de xantar ou non, chamando aos teléfonos 686.62.01.54 (Eloi) ou 628.71.32.63 (Víctor).

02/10/2023

A segunda edición do festival BreaSon, organizado pola asociación xuvenil Xoldra e o Concello de Mondoñedo, celebrarase na cidade mindoniense o 4 de novembro, sábado.

Neste evento musical actuarán Catuxa Salom, Los Rastreadores (Ortiga&Grande Amore), Fillas de Cassandra, Grande Osso, Ruxe Ruxe e The Skarnivalvs.

Haberá tamén outras actividades como sesión vermú, magosto, xogos populares para picarxs e acampada interior. 

 

28/09/2023

A asociación Mariña Patrimonio organiza a presentación dun libro do xeólogo e ensaísta asturiano Jaime Izquierdo Vallina que ten como título ‘De función pública. ¿Cómo va el mundo?’, ilustrado polo artista mariñán Xosé Blanco e editado por Krk Ediciones. O acto terá lugar no Pazo de Santomé (Mondoñedo) ás 19:30 horas do día 6 de outubro, venres, e nel intervirán o autor Jaime Izquierdo mailo ilustrador Xosé Blanco.

Mariña Patrimonio explica que “nesta obra, unha recompilación de artigos publicados polo autor en distintos medios de prensa ao longo dos últimos anos, abórdase a situación de abandono que sofre o medio rural, patrimonio natural e cultural imprescindible para garantir o futuro da nosa sociedade. Desde unha perspectiva, tanto científica coma humanista, o autor ofrece as claves que permiten comprender este fenómeno e as posibles...

leer más
Etiquetas:
23/09/2023

A asociación xuvenil Xoldrá organiza unha cea popular en Mondoñedo o venres 29 de setembro. Será na Praza do Concello desde as 20:00 horas e haberá carpa, comida, bebida, música e sorteos.

Para reservar hai que contactar co teléfono 680.78.34.35. O prezo é de 10 euros para adultxs e de 5 euros para os pícarxs.

Etiquetas:
22/09/2023

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a presentación da 867 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros.

No acto interviron a deputada de Cultura Iria Castro, o deputado de Medio Rural Daniel García, o presidente de As San Lucas, Miguel Paz, e o concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García, e contou coa presenza de representantes da corporación municipal e da Xunta de Galicia. 

Iria Castro salientou “a raíz gandeira e popular das San Lucas, que se ven celebrando desde 1156 e que recolle o pouso cultural e social de séculos de relaciónco cabalo e co medio natural” e fixo fincapé na “espectacularidade coa que esa tradición se reflexa na tradicional baixada cos cabalos, que abre as festas”....

leer más
Etiquetas:
22/09/2023

Camiño Escena Norte, o proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías teatro, danza e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega esta fin de semana a dúas  novas localidades galegas. Concretamente, na xornada do domingo 24, CEN ofertará, no marco da súa programación, a posibilidade de gozar de dous espectáculos dixiridos a públicos de todas as idades, especialmente o familiar. 

Por unha banda, ás 13:00 horas, a compañía de Navarra Cia. Levelibular presentará en Mondoñedo Portamundos, unha proposta de novo circo que fará sorrir e soñar a todos os membros da familia coas súas acrobacias e humor. En horario de tarde, ás 18:00 horas, a asturiana Luz de Gas Teatro presentará en Arzúa o seu espectáculo Luna, no que pon o foco, desde o escenario, sobre as diversidades a través...

leer más
06/09/2023

A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado, 9 de setembro, a “XI Xuntanza de Cantos de Taberna”. 

O encontro terá lugar ás 20:00h, onde 13 grupos de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos bares e tabernas da vila. Nesta edición propoñen iniciar a xornada cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional que se impartirá ás 17:30h na Praza do Concello. 

É unha actividade aberta a todos os públicos e de balde, onde se poñerán en práctica os principais puntos de muiñeira e xota. Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do Concello a partir das 00:00h onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar coa música tradicional. 

A organización quere agradecer á hostelería mindoniense a súa participación: A Cova,...

leer más
05/09/2023

Mondoñedo acollerá un programa de formación para a dixitalización de mulleres desde o 26 deste mes ata o 9 de novembro.

Esta actividade de formación gratuíta, que inclúe un ordenador portátil de regalo e título acreditativo, é para mulleres de Mondoñedo e desenvolverase no Pazo de Santo Tomé en horario de 09:00 a 14:00 horas ou de 16:00 a 21:00 horas.

As interesadas poden contactar cos organizadores a través do teléfono 698.19.75.18, do correo electrónico lugo@galegasdixitais.es ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo (teléfono 982.52.40.03)