Luar na lubre
A Deputación de Lugo anuncia que “as San Lucas de Mondoñedo, que este ano celebran a súa 870ª edición, encaran a recta final esta fin de semana cunha programación especial Terra de encontros, que ofrecerá durante toda a xornada do sábado diversas actividades culturais e tradicionais. Os principais atractivos serán os concertos gratuítos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e de Luar na Lubre, dous referentes da cultura galega que porán o broche musical á celebració”n.
A iniciativa, impulsada pola Deputación de Lugo en colaboración coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, comezará ás 12:00 horas na Praza da Catedral con xogos tradicionais a cargo de Xotramu. Pola tarde, ás 17:00 horas, os pasarrúas percorrerán as rúas da cidade con saídas desde tres puntos diferentes: a zona da Alameda, o barrio dos Muíños e o Auditorio...
leer más



