Os días 18 e 25 de xuño terán lugar en Mondoñedo as XV Xornadas do Peregrino "Abrindo Camiño".

Os días 18 e 25 de xuño terán lugar en Mondoñedo as XV Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”.

No auditorio Pascual Veiga será o 18 ás sete da tarde a Xornada sobre a historia e o patrimonio en Mondoñedo, o seu estudo e posta en valor. E o 25 a Xornada estará dedicada á emigración e á tradición da peregrinación xacobea en América. 

Xa do 26 de xuño, domingo, pola mañá e pola tarde haberá romaría na área recreativa de A Fervenza de Viloalle. 

A cita está organizada pola asociación Abrindo Camiño, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Mondoñedo.