Do 1 ao 3 de abril celébranse en Viveiro as primeiras xornadas gastronómicas da tortilla, que organiza o CCH.

Do venres 1 ó domingo 3 de Abril, a Hostalaría da Asociación de comerciantes do Centro Histórico pon en marcha as Primeiras Xornadas Gastronómicas da Tortilla de Viveiro. 

Este domingo, 3 de Abril, celébrase en Viveiro o Domingo das Tortillas, tradición local que se celebra sempre o domingo antes do domingo de Ramos. Familias, grupos de amigos, veciños, dende os máis novos ata os máis lonxevos saen ó campo, á praia, reúnense nas casas, ou nos bares e restaurantes para desfrutar deste manxar da cociña clásica española. Con cebola ou sen cebola, doradiña ou estilo betanceira, a tortilla é un éxito asegurado en calquera mesa. 

Nesta primeira edición os participantes sorprenderán versionando a tradicional receita da tortilla de pataca e ovo, aportando ás súas creacións un toque de imaxinación. 

Os locais que participan e as súas tapas son: 1.- Mesón O Recuncho.- “Tortilla Golden”, con cebola, queixo e mazá 2.- Restaurante Casa Pepi.- “Tortilla Nido” con grelos, xamón, gambón e patacas palla 3.- Cornelius Taberna Gastronómica .- “Flan de Tortilla” con cebola, xamón e 4 queixos 4.- Muro Restaurante.- “Tortilla de Godello, curry tostado con soda cítrica e galleta salada”. 

O horario dos locais para servir as tapas será: Venres e sábado de 13 a 16 horas e de 20 ata fin de existencias no caso de Casa Pepi e o Recuncho. O Domingo de 13 a 16 horas. Venres, sábado e domingo de 13 a 16 horas e de 20:30 ata fin de existencias no caso de Muro Restaurante e Cornelius Taberna gastronómica fará o mesmo horario ca excepción de que o domingo estará pechado. 

O prezo das tapas será de 2,50 euros e para animar ós clientes a que fagan a ruta e degusten as 4 tapas o CCH de Viveiro sorteará 300 euros en vales de consumición. En cada local participante, haberá “Flyers das Xornadas” a disposición dos clientes onde poderán selar a casiña correspondente a cada tapa e ó completar as 4 poderán cubrir cos seus datos e indicar cal foi a súa tapa de tortilla favorita. Deposítase nas urnas habilitadas para a ocasión e o luns 4 de abril será o sorteo. Que mellor xeito de recibir o mes de abril que desfrutando dunhas xornadas gastronómicas deste clásico da cociña tradicional española.