En Muras terán lugar os días 13 e 14 de novembro unhas xornadas sobre o legado patrimonial e ambiental dos muros tradicionais.

Adega organiza os días 13 e 14 de novembro unhas xornadas sobre o legado patrimonial e ambiental dos muros tradicionais no Concello de Muras. 

Sábado 13 de novembro (Concello de Muras):
09.00 Saída do autobús dende Maxisterio (Lugo)
10.30 Seminario no Local Social (Rúa Enrique Guzmán, Muras) “Aproximación ao patrimonio cultural e natural dos valados, na paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño”.
- Mercedes Máquez, Grupo de investigación da escola galega da paisaxe Fundación Juana de Vega
- Ricardo Polín, Doutor e investigador dos camiños históricos
- Xoán Ramón Vidal Romaní, Instituto universitario de xeoloxía da UDC
- Ramsés Pérez, ADEGA
12.30 Roteiro interpretativo.
15.00 Xantar de convivio no local Social
17.00 Volta do autobús
 
Domingo 14 de novembro (Concello de Muras)
9.00h Saída do bus dende Maxisterio (Lugo)
10.30 Obradoiro formativo de reconstrución coa técnica de xunta seca, dun muro situado no Camiño das Ucheiras no Concello de Muras. Contaremos co artesán José Luis Canteiro que nos ensinará a preparar e colocar a pedra. Prazas limitadas a 20 persoas
15.00 Xantar de convivio no local Social
17.00 Volta do autobús
 
Haberá servizo de autobuses de balde dende Lugo e petiscos ao rematar as actividades. 
As persoas que queiran asistir as xornadas teñen que rexistrarse antes do xoves 11 a través do formulario (bit.ly/xornadasvalados) ou a través do evento na web de ADEGA (http://www.adega.gal/axenda.php?id=893&idioma=gl&sec=11)
 
Estas xornadas están organizadas ao abeiro da Subvención da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico deste territorio na anualidade 2021.