Xornadas

Etiquetas:
27/04/2018

As XXV Xornadas Técnicas Expomar, que se desenvolverán os días 3 e 4 de maio, serán inauguradas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e clausuradas polo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos. Nesta cita abordaranse temas como a política pesqueira comunitaria e os hábitos de consumo, nutrición e trazabilidade. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, fai unha chamada ao consumidor a asistir á mesa redonda do venres, debido aos temas que se abordarán: a importancia do peixe na dieta nutricional, a trazabilidade, o etiquetado e a información ao consumidor, entre outros. Paralelamente o venres, día 4, tamén se celebrará o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.

Llano subliñou que “este ano ten a particularidade de ser o 25 aniversario, o cal ven indicar que hai interese desde a Fundación...

leer más
Etiquetas:
21/02/2018

As segundas Xornadas de Historia Local Concello de Lourenzá celebraranse os días 2 e 3 de marzo, venres e sábado, no salón de actos municipal. O cartel do evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

As xornadas darán comezo o venres 2 ás 19:30 horas coa inauguración a cargo do concelleiro de Cultura e a continuación terá lugar a conferencia titulada Lourenzá, orixe e evolución histórica, a cargo de Vidal Martínez-Sierra López.

O sábado 3 empezarán os actos ás 18:00 horas coa conferencia Lourenzá no Camiño Norte, a cargo de Manuel Díaz Sánchez, estudoso do Camiño de Santiago. Ás 20:00 horas terá lugar unha mesa redonda co título Lourenzá, emigración viva, na que intervirán varios veciños e veciñas do concello que viviron a emigración en diferentes países. Estará...

leer más
Etiquetas:
12/12/2017

A Asociacion de Hostaleiros e Comerciantes 'Beiras de Viveiro' (Covas-Viveiro) ten preparado para o vindeiro 28 de decembro unhas Xornadas Gastronómicas do “Trampantojo”, onde tratarán de ‘enganar’ —coa mellor e máis creativa das intencións— aos seus comensais propoñendo pratos que parecen unha cousa e que en realidade son outra ben distinta, buscando o xogo dos sentidos, a memoria e as percepcións gastronómicas.

Para irense preparando para esa cita, os hostaleiros de Covas están citados este mércores 13 de decembro pola tarde na cociña do Hotel Val do Naseiro, que cede as súas instalacións para que o chef Bruno Pena Arnaú, que dirixe o equipo do restaurante A Horta de Paula en Mondoñedo, lles presente unha “Master Class” coa que poder ir recollendo ideas para o dito “Trampantojo” que celebrarán no Día dos Inocentes.

 

23/11/2017
Dende a Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos, por terceiro ano consecutivo, organizan unha xornada para conmemorar o Día Internacional da Violencia de Xénero en colaboración coa Asociación Mujeres en Igualdad de Burela. 
 
A xornada será inaugurada o vindeiro venres 24 de Novembro ás 19:30 no salón de actos do Concello baixo o lema “A violencia de xénero dillo Non” por Mary Fraga Presidenta de Mujeres en Igualdade de Burela para dar paso a REPRESENTACIÓN TEATRAL do  Sketch: “MARUXA, ESTO NON É AMOR, É VIOLENCIA DE XÉNERO” a cargo do Grupo de teatro ÁRDORA de San Cibrao e Integrantes de Mulleres en Igualdade de Cervo e Burela.
 
De seguido, terá lugar unha MESA REDONDA moderada por Emma Alvarez, Presidenta da Asociación de Amas de Casa...
leer más
Etiquetas:
18/10/2017

A Concellería de Cultura e Xuventude organiza unhas xornadas micolóxicas que se desenvolverán durante os días 28 e 29 de outubro. As inscricións para participar poden facerse na Casa da Xuventude ou no número de teléfono 982 58 11 41.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “para el último fin de semana de este mes de octubre, dentro de la programación cultural y como novedad, tenemos unas jornadas micológicas que van a ser impartidas por Cristina García-Echave Puente, licenciada en biología, experta y muy conocedora del mundo de las setas. Es de las personas que más conoce aquí en A Mariña sobre todo tipo de variedades de setas, se puede aprender muchísimo con ella, y por eso decidimos que sea ella quien lidere nuestras jornadas”.

O edil burelés explicou que “estas jornadas van a desarrollarse durante el...

leer más
Etiquetas:
20/09/2017

Un ano máis, e antes de comezar a  XXIX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte,  xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas. 

Polas Xornadas deste ano 2017 van pasar 22 alumnos/as de 5º e 18 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 21 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos  deste xogo autóctono, e todos terán, así mesmo, a oportunidade de xogar.

As xornadas van ter unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano  xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de...

leer más
21/08/2017

O 24 de agosto comezan no concello de Mañón, en O Barqueiro, as VII Xornadas Memoria dun tempo, organizadas pola asociación Nordés e que se desenvolverán ata o sábado 26.

Nesta edición as xornadas están totalmente dedicadas ao papel da muller dende a perspectiva da memoria histórica, e o xoves 24 intervirán Victoria Martíns Rodríguez e Ángel Rodríguez co relatorio O compromiso coa igualdade: unha visión de futuro desde a análise do pasado. Previamente proxectarase o seu documental Digna Rabia, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Mañón.

O venres 25, participará Montse Fajardo Pérez quen forma parte do equipo redactor do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra, e é tamén autora de ...

leer más
22/04/2017

Do 28 ao 30 de abril terán lugar as terceiras xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que organiza Acisa e nas que participan 21 locais hostaleiros.

Os que se acheguen a Ribadeo eses días atoparán unha grande variedade de produtos gastronómicos típicos asturianos, desde menús fin de semana ou menús degustación ata racións, tapas e pinchos dos pratos máis representativos da veciña Asturias. 

Ademais haberá ambientación de música asturiana polas rúas de Ribadeo. O venres, día 28, a partir das 20:30 horas correrá a cargo do grupo Brisas del Eo, de Abres; o sábado a mediodía e ao solpor a nota musical poñeraa o grupo de gaitas El Trasno, de Coaña; e xa o domingo a mediodía a banda de gaitas Subela será a encargada de animar Ribadeo e as zonas de bares dentro destas terceiras xornadas gastronómicas Asturias en...

leer más
Etiquetas:
18/04/2017

A ACIA de O Vicedo organiza a Xornada Gastronómica da Ostra que se celebrará os días 29 e 30 de abril, e 1 de maio.

Durante eses días poderá degustarse a ostra en distintas elaboracións a un prezo de 5 euros a ración.

Os locais participantes son La Bodeguita del Puerto, Mesón O Remo, Cafetería Casa da Cultura, Merendero Los Árboles en Xilloi, Casa Fanego e Restaurante Area Grande en San Román, e Café-Bar Alba.

Colaboran na celebración destas xornadas o Concello de O Vicedo, o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo da Unión Europea.

 

Etiquetas:
11/04/2017

A asociación Pomba do Arco, de Foz, organiza as xornadas de debate "Sentirmos a arte" entre os días 18 e 21 de abril.

O programa dá comezo o 18 de abril con Jorge Salgado, quen titula a súa intervención como O oco que non acouga. O mércores 19 Mercedes Rozas fala sobre A muller e a arte de resistencia. O xoves 20 intervén Daniel Caxigueiro co tema A fotografía como xogo creativo. O venres 21 rematan estas xornadas con Olga Osorio quen aborda O noso audiovisual.

As conferencias celébranse ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima de Foz.