Xornadas

25/10/2023

O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), organiza as VII Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 10, 11 e 12 de novembro. 

Na presentación das xornadas participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Jesús Fernández, concelleiro do Mar, e Antón López, delegado da FEDAS no noroeste de España. 

María Loureiro destacou o nivel dos relatores e asegurou que a xornada xa é unha cita consolidada a nivel nacional e internacional. “É unha das mellores formas de poñer en valor a nosa historia, sempre vencellada ao mar”, asegurou.

“As xornadas inclúen unha exposición e ponencias de temas como a xestión do patrimonio, a historia marítima, a arqueoloxía subacuática ou a conservación do...

leer más
Etiquetas:
22/09/2023

A cuarta edición das Xornadas da Terra de Miranda, actividade que organiza o colectivo Nova Escola Galega coa colaboración da Deputación de Lugo, celebrarase na Casa da Cultura da Pontenova os días 10 e 11 de novembro de 2023, venres e sábado.

Son uns encontros de debate sobre o medio rural que nesta ocasión titúlanse ‘Bebendo do pasado marcamos o rumbo do presente’.

 

Etiquetas:
20/08/2023

Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, fiel ao seu compromiso coa recuperación da Memoria Histórica, organiza unha nova edición das Xornadas “Memoria dun Tempo” que incorpora algunhas novidades.

A primeira delas é que se incorpora Loiba, parroquia do concello de Ortigueira, como sede das Xornadas acompañando a O Vicedo e ao Barqueiro, onde se teñen celebrado a dúcia de edicións anteriores, sendo o local do Centro Social desa localidade o espazo escollido para acoller os actos que se celebrarán mércores 23 e venres 25 do corrente mes.

Para o primeiro destes días, é dicir, mércores 23 e ás 19:30 hras, contaremos coa presenza de Jesús Manuel García Díaz, Historiador e Director da UNED de Ourense, quen nos achegará no seu relatorio o que foi o proceso de “depuración” que o franquismo levou a...

leer más
Etiquetas:
20/07/2023

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, unha nova edición das xornadas de historia de Foz. As conferencias celébranse entre 31 de xullo e 3 de agosto a partir de 20:30 horas. 

O 31 de xullo ás 20:30 Antón Niñe falará do escultor Xosé Rivas e a súa relación con Foz e A Mariña.

O 1 de agosto ás 20:30 Alexandre Vigo falará de San Martiño, Mailoc e o mosteiro Maximum.

O 2 de agosto ás 20:30 Xavier Rivera disertará sobre a II Guerra Mundial na comarca da Mariña.
 
E o 3 de agosto ás 20:30 Alba Díaz falará de motíns e as revoltas na Mariña do século XIX.
 

 

Etiquetas:
09/06/2023

A Xunta colabora coas 16ª Xornadas do peregrino Abrindo Camiño, que se desenvolverán os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo en varios escenarios de Mondoñedo e na escola habanera de Santaballa (Vilalba). O delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto co presidente da entidade organizadora -Abrindo Camiño -, Luis Fernández Ansedes, así como representantes do Concello de Mondoñedo e doutras entidades implicadas. 

Esta edición leva por título Camiño de Santiago e emigración; e enxalzará a figura da mestra emigrada a Cuba Andrea López Chao, nacida en Mondoñedo en 1874. Así, recoñecerase e divulgarase o labor que desenvolveu no país caribeño no eido educativo, sociosanitario e na defensa dos dereitos das mulleres.

Javier Arias explicou que a...

leer más
Etiquetas:
12/04/2023

Do venres 14 ó domingo 16 de Abril, a hostalaría da Asociación de Comerciantes do Centro Histórico pon en marcha a segunda de Edición das Xornadas Gastronómicas da Tortilla de Viveiro. 

“Tralo éxito da primeira edición, volvemos a poñer en marcha estas Xornadas gastronómicas que tan boa aceptación tiveron o ano pasado. Durante esta fin de semana poderemos desfrutar deste manxar da cociña clásica española. Con cebola ou sen cebola, doradiña ou estilo betanceira, a tortilla é un éxito asegurado en calquera mesa”, indican desde o CCH. 

Nesta segunda edición sorprenderán versionando a tradicional receita da tortilla de pataca e ovo, aportando ás súas creacións un toque de imaxinación. 
Os locais que participan e as súas tapas son: 
1.- Mesón O Recuncho.- “Tortizza de porco Celta” 2.- Restaurante Casa Pepi...

leer más
Etiquetas:
11/04/2023

Vilanova de Lourenzá acollerá os días 22 e 23 deste mes, sábado e domingo, unhas xornadas para achegar a figura de Francisco Fernández del Riego á xente nova. Están organizadas pola Mesa Coordinadora Don Paco, polas Escolas Deportivas Lourenzá e polo Concello e na presentación participaron representantes destas entidades.

A presidenta da Mesa Coordinadora Don Paco e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou: “estas xornadas, que organizamos os días 22 e 23 de abril, son outras das moitas actividades que están enmarcadas dentro dese calendario de actos do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. Nesta ocasión trátase dunha serie de eventos que van destinados á xuventude e que están moi ligados co deporte. Están organizados pola Mesa Coordinadora Don Paco e polas Escolas Deportivas do Concello e agardamos achegar a figura de...

leer más
Etiquetas:
25/03/2023

O Concello de Viveiro e o conservatorio profesional de musica Viveiro organizan a vindeira semana as Xornadas de Corais Infantís, así como os Cursos Gratuítos para Adultos nos meses de abril e maio.

As Xornadas de Corais Infantís, que nacen froito da paixón das xentes de Viveiro por esta música, iniciaranse este martes, día 28, coa actuación do Coro do CEIP de Celeiro. O concerto comezará as 17:30 horas no Salón de Actos do Conservatorio coa presenza das 50 voces que conforman o coro dirixidas pola profesora Marta Pérez Lage.
O segundo concerto celebrarase o venres 31, dende as 17:30 horas, tamén no Salón de Actos do Conservatorio. As 40 voces do Coro do colexio Lois Tobío de Viveiro estarán dirixidas polo profesor do centro Iván Vale Fraga.

“Con este tipo de actos amosamos o compromiso do Concello de...

leer más
Etiquetas:
26/02/2023

A Reserva da Biosfera Terras de Miño da Deputación Provincial de Lugo levará a cabo en Alfoz unhas Xornadas sobre castiñeiro de froito os días 18 e 25 de marzo.

O horario será de 10:00h a 14:00h ambos días e o lugar de realización o Salón de Actos da Casa da Cultura.

A primeira xornada, 18 de marzo, será teórica e incluirá toda a información sobre:
1.    época de plantación
2.    preparación do terreo
3.    elección da planta (boas aptitudes para froito, madeira e/ou ambas)
4.    liñas de axudas para o fomento da plantación e recuperación de soutos (Neste momento está aberto o prazo de solicitude)
5.    normativa legal na plantación, distancias, tipos, corta....
6.    coidados: guía de cultivo
7.    pragas e enfermidades
8.    beneficios que pode xerar
9.    mercado do sector da castaña

A segunda xornada, 25...

leer más
Etiquetas:
07/01/2023

Serán a antesala do Entroido. A venda de tíckets será ata o 27 de xaneiro. As prazas están limitadas a 300 persoas. 

A comida será nunha carpa climatizada o 4 de febreiro a partires da unha do mediodía. Haberá primeiro sesión vermú co Dúo Ciclón e despois servirase o cocido completo con porco celta, a cargo de Taboada. O menú estará composto por grelos, cachola, chourizo, garavanzos, costela, lacón, botelo, pan, viño ou refresco, café, chupito e postre (orellas feitas pola veciñanza de Vilela). 

Despois do xantar actuarán o Dúo Ciclón e o Dúo Belinda. 

O prezo por comensal será de 30 euros. As nenas e os nenos hasta 12 anos pagarán 15 euros.  

A organización conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo.