Hernán Naval

24/04/2026

O venres 15 de maio a partir das 20:00 horas o Colectivo Pensamento e Sementeira realizará no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, unha homenaxe a Hernán Naval polo 25 aniversario do seu pasamento, en colaboración coa Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo.

Pensamento e Sementeira explica que “moita xente coñece a Hernán pola súa faceta como músico, pero o seu traballo foi moito máis amplo. Estivo moi implicado no tecido asociativo da vila, defendendo sempre a cultura galega desde o compromiso e o traballo colectivo. Foi presidente da Asociación Cultural Sementeira, unha entidade fundamental para dinamizar a vida cultural do pobo. Desde Pensamento e Sementeira queremos renderlle homenaxe lembrando todo ese labor, porque a cultura que temos hoxe tamén se constrúe sobre o que persoas como el deixaron feito. Neste día contaremos coas...

leer más
24/04/2026

O vindeiro 16 de maio, sábado, vanse desenvolver os principais actos da homenaxe ao músico Hernán Naval que está a preparar a Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL), de Ribadeo: serán un xantar de confraternidade e un concerto. Estes actos de homenaxe organízanos conxuntamente en Viveiro e Ribadeo as agrupacións culturais Pensamento e Sementeira e Francisco Lanza.

Para a organización destes eventos, pola banda da ACFL, “estamos a colaborar con Amadores da Música, Coral Polifónica de Ribadeo, Banda de Música Municipal de Ribadeo, Escola Municipal de Música, o Concello de Ribadeo, e persoas que, a título individual, poden facer moitas achegas pola súa experiencia vivida con Hernán Naval”, explica a agrupación Francisco Lanza, que tamén anuncia: “en Ribadeo o sábado 16 de maio ás 14:00 horas imos celebrar un xantar de confraternidade no...

leer más
23/02/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a iniciativa das asociacións Francisco Lanza, de Ribadeo, e Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, para lembrar ao músico Hernán Naval polo 25 aniversario do seu falecemento.

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, e a deputada de Cultura, Iria Castro, mantiveron un encontro con Farruco Graña e Xiana Naval, das directivas destas asociacións, no que ofreceron o apoio da institución provincial para as actividades que preparan de cara ao aniversario nas dúas localidades.

A Vicepresidencia da Deputación anuncia que “na xuntanza propúxose tamén programar unha iniciativa conxunta que visibilice o legado de Hernán Naval en toda a comarca, desde Viveiro -a súa cidade natal, onde foi profesor do Conservatorio ou presidente de Sementeira- ata Ribadeo, onde...

leer más
12/01/2026

A Agrupación Cultural Francisco Lanza celebrou a súa asemblea anual de socias e socios para valorar a actividade desenvolvida no ano 2025 e deseñar as liñas básicas de actuación de cara ao ano 2026. E o colectivo anuncia: “para o ano 2026 temos en mente varios proxectos: ademais de manter as actividades clásicas, neste ano temos intención de lembrar, de forma coordinada con outras entidades sociais mariñás e de Ribadeo, a figura de Hernán Naval, pois neste ano 2026 haberá vinte e cinco anos que finou. Imos comezar unha serie de contactos para elaborar conxuntamente esa merecida homenaxe. Tamén temos intención de potenciar as conferencias de temas de actualidade (tanto dos novos estudos sobre a historia de Galiza que van sendo publicados, como da situación política internacional). Volveremos engalanar as fachadas ribadenses coas Palabras na varanda, nesta...

leer más