Expertos analizarán en Mondoñedo o 4 de novembro as posibilidades das novas tecnoloxías para a divulgación dos produtos e dos eventos locais.

Expertos analizarán en Mondoñedo o 4 de novembro as posibilidades das novas tecnoloxías para a divulgación dos produtos e dos eventos locais.
 
Profesionais expertos nos eidos da comunicación dixital e da historia contemporánea ofrecerán unha conferencia en Mondoñedo durante a que analizarán as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías ao servizo da divulgación dos produtos e dos eventos locais. En concreto, os profesionais farán fincapé nas redes socias e na internet, como ferramentas para vender ao servizo do pequeno e mediano comercio, produtores artesanais e eventos culturais.
 
Esta conferencia, que se desenvolverá baixo o lema O Mundo do Futuro, celebrarase o próximo venres, 4 de novembro, a partir das 20.00 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo. O Concello de Mondoñedo é o encargado de organizar esta iniciativa, en colaboración coa Universidade Rei Juan Carlos e o proxecto Retinae
 
En concreto, na conferencia intervirán o Dr. Felipe R. DebasaNavalpotro, profesor de Historia Contemporánea e Mundo Actual na Universidade Rei Juan Carlos de Madrid (URJC). Debasa tamén ostenta o cargo de Secretario Xeral do Centro de Estudios Europeos URJC, ademais de ser profesor da Universidade de Linguas e Cultura de Pekín. No eido da comunicación dixital, participará José Ramón Saura, Google DeveloperGroupsOrganizer, doctorando en Marketing Dixital pola URJC e persoal de Proxectos de Investigación do Centro de Estudos Europeos URJC.
 
Ante esta iniciativa, a alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia,destacou a importancia do aproveitamento das “novas tecnoloxías ao servizo da posta en valor do patrimonio mindoniense, tanto do histórico, como do turístico e do cultural e, polo tanto, como ferramentas con forte potencial para a venda, en apoio ao comercio da localidade e dos seus artesáns”.
 
A rexedora dixo que “pretendemos poñer en valor o patrimonio de Mondoñedo coas novas tecnoloxías para que chegue a máis xente, facendo todos os esforzos posibles para estar ao día dos cambios da nova era”. 
 
Esta conferencia conta coa colaboración do proxecto Retinae, que se levou a cabo en convenio entre o Concello e o respaldo de diferentes institucións académicas e profesionais como a Universidade ReiJuan Carlos ou a Universidade a Distancia de Madrid e que ten por finalidade explorar os novos formatos audiovisuais, as novas tecnoloxías e os novos artefactos aero-móbiles, para enfocalos á divulgación cultural e turística, neste caso, do patrimonio mindoniense.