A Cruz Vermella leva a Alfoz a iniciativa Enredando, sobre o uso das novas tecnoloxías, o 11 de setembro.

O vindeiro luns, 11 de setembro, chega a Alfoz a actividade denominada Enredando. Esta iniciativa da Cruz Vermella ofrecerá información ás persoas interesadas sobre o uso das novas tecnoloxías.

O Concello de Alfoz explica que “entre as 11 e as 14 horas poderás achegarte para coñecer os usos da aplicación da banca electrónica, pedir cita no médico a través do móbil, aprender a usar o navegador, whatsapp ou calquera aplicación de interese”. Será no aparcamento ao lado da Casa do Concello e en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura.

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono gratuíto 900.825.030 no Concello de Alfoz.