Teatro
Este domingo, día 25 de maio, ás 19:00 horas o Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros acollerá a representación da obra titulada Profetas, unha coprodución do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro.
O Concello de Barreiros anuncia: “escrita por Ernesto Is (gañador do XVI Premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia en 2021), a obra está dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio e protagonizada por Elea López e Carlos Rebolo. A obra presenta a El e a Ela, unha parella que, despois de romper a súa relación, volven a atoparse para recordar ao longo dunha noite os vellos tempos. Neste encontro lembran os soños, os medos, os éxitos e os fracasos que compartiron, facendo balance da súa historia en común a través doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación...
leer másO grupo teatral 57 Palabras, de Viveiro, representará en Ribadeo a súa obra titulada Sen frores nin coroas. Será este domingo, día 18 de maio, ás 20:00 horas no Teatro ribadense.
57 Palabras inicia así a súa andaina representando en galego, anuncia o Concello de Ribadeo.
O prezo da entrada é de 3 euros.
Co gallo da celebración das Letras Galegas, a Biblioteca Municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia, o espectáculo titulado Dende Rosalía ata as cantareiras (Letras Galegas 2025), a cargo da compañía de teatro A Xanela do Maxín. Será o día 14 de maio, mércores, ás 19 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá.
A bibliotecaria municipal de Lourenzá, María José López Noceda, explica que “esta actividade, dirixida ao público infantil, pretende poñer en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía ata as cantareiras. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura”.
A compañía Matrioshka Teatro representará a obra titulada Fala fala falangueira en Viveiro, este sábado, día 10 de maio. Será ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, con entrada de balde ata completar aforo.
O Concello de Viveiro explica que “Matrioshka Teatro nace no ano 2013 a lume lento, da man de tres actrices (Anabell Gago, Chelo do Rejo e Lorena Conde) para facer un teatro onde as intérpretes están no centro da creación”.
“Apostamos por camiños intermedios, por linguaxes mesturadas que transitan neses lugares de intersección, de recollida e cruzamento entre o teatro máis clásico e o contemporáneo. Buscamos facer un teatro que amose de onde vimos e nos oriente cara onde vamos. Alimentámonos do legado das xeracións que foron antes ca nós. Repousamos o vivido, e tratamos de compartilo coas persoas que...
leer másO Concello de Burela programa este mes de maio, os días 9 e 17, dúas funcións teatrais no Auditorio da Casa da Cultura, dirixidas a diferentes públicos, dentro da súa aposta pola dinamización cultural e o apoio ás artes escénicas.
O venres 9 de maio ás 21:00 horas representarase Tres Vellas na Romaría, unha produción da compañía Excéntricas Producións. O espectáculo está protagonizado por tres recoñecidos nomes da escena galega: Celso Fernández Sanmartín, José Luis Gutiérrez (Guti) e Quico Cadaval. A través da narración oral, os intérpretes mergúllanse na tradición das festas populares galegas, evocando as romarías, as crenzas, os bailes e os encontros sociais da cultura popular. A obra forma parte da evolución dun proxecto anterior, Tres Vellas (polo menos), que percorreu diferentes escenarios de Galicia, Portugal,...
leer másO grupo de teatro Pico do Castro de Foz presentará a obra titulada O Randiña, este sábado, día 3 de maio, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Trabada.
Está organizada polo Concello de Trabada, que anuncia que é “unha divertida comedia que promete moitas risas e momentos inesquecibles. Non perdas esta nova cita co teatro afeccionado da nosa contorna!”.
O Concello do Vicedo celebrará o Día do Libro cun evento que terá lugar o vindeiro mércores, día 30 de abril, ás 17 horas na Casa da Cultura. Trátase dunha actividade de animación á lectura pertencente ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, xunto co Concello de O Vicedo. O espectáculo chámase Historias fabulosas coa maxia, a cargo da compañía 2 Minds Combined.
A entrada é gratuíta.
O grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada O Randiña no local da antiga escola da parroquia ribadense de Vilaselán. Será este sábado, día 26 de abril, ás 19:00 horas.
É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Vilaselán.
O Concello de Alfoz anuncia: “o mércores 23 de abril ás 11:00 horas recibimos unha visita moi especial na Escola Infantil de Alfoz: Trémola Teatro tráenos o contacontos Pipo, o paxaro que non sabía voar. Unha historia chea de tenrura e aprendizaxes para as nenas e nenos, dentro do programa Ler Conta Moito, en colaboración coa Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a Xunta de Galicia”.
Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro para este domingo, 20 de abril, en San Miguel
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro para este domingo, día 20 de abril, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante de 17 a 20 horas.
“Gústache a interpretación, pero tamén che gustaría crear a túa propia peza teatral, subir ao escenario esa fermosa historia da túa familia ou veciñanza que doutro xeito ficaría no esquecemento? Gústache o teatro, pero preferirías algo fresco e dinámico no canto de memorizar longos parlamentos? Non tes experiencia teatral, mais gustaríache explorar a expresión corporal, a voz, o poder da palabra e as emocións, o clown, a escoita, o drama ou a comedia? Se queres bucear na intrahistoria da Mariña, crear, desfrutar do teatro e formar parte dun grupo ben xeitoso, achégate. Estas son as verbas da nosa condutora, guía, mestra teatral Raquel López Cendán, para describir o...
leer más












