Teatro

07/05/2025

A compañía Matrioshka Teatro representará a obra titulada Fala fala falangueira en Viveiro, este sábado, día 10 de maio. Será ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, con entrada de balde ata completar aforo.

O Concello de Viveiro explica que “Matrioshka Teatro nace no ano 2013 a lume lento, da man de tres actrices (Anabell Gago, Chelo do Rejo e Lorena Conde) para facer un teatro onde as intérpretes están no centro da creación”.

“Apostamos por camiños intermedios, por linguaxes mesturadas que transitan neses lugares de intersección, de recollida e cruzamento entre o teatro máis clásico e o contemporáneo. Buscamos facer un teatro que amose de onde vimos e nos oriente cara onde vamos. Alimentámonos do legado das xeracións que foron antes ca nós. Repousamos o vivido, e tratamos de compartilo coas persoas que...

leer más
Etiquetas:
03/05/2025

O Concello de Burela programa este mes de maio, os días 9 e 17, dúas funcións teatrais no Auditorio da Casa da Cultura, dirixidas a diferentes públicos, dentro da súa aposta pola dinamización cultural e o apoio ás artes escénicas.

O venres 9 de maio ás 21:00 horas representarase Tres Vellas na Romaría, unha produción da compañía Excéntricas Producións. O espectáculo está protagonizado por tres recoñecidos nomes da escena galega: Celso Fernández Sanmartín, José Luis Gutiérrez (Guti) e Quico Cadaval. A través da narración oral, os intérpretes mergúllanse na tradición das festas populares galegas, evocando as romarías, as crenzas, os bailes e os encontros sociais da cultura popular. A obra forma parte da evolución dun proxecto anterior, Tres Vellas (polo menos), que percorreu diferentes escenarios de Galicia, Portugal,...

leer más
28/04/2025

O grupo de teatro Pico do Castro de Foz presentará a obra titulada O Randiña, este sábado, día 3 de maio, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Trabada.

Está organizada polo Concello de Trabada, que anuncia que é “unha divertida comedia que promete moitas risas e momentos inesquecibles. Non perdas esta nova cita co teatro afeccionado da nosa contorna!”.

 

24/04/2025

O Concello do Vicedo celebrará o Día do Libro cun evento que terá lugar o vindeiro mércores, día 30 de abril, ás 17 horas na Casa da Cultura. Trátase dunha actividade de animación á lectura pertencente ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, xunto co Concello de O Vicedo. O espectáculo chámase Historias fabulosas coa maxia, a cargo da compañía 2 Minds Combined.

A entrada é gratuíta.

 

23/04/2025

O grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada O Randiña no local da antiga escola da parroquia ribadense de Vilaselán. Será este sábado, día 26 de abril, ás 19:00 horas.

É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Vilaselán.

20/04/2025

O Concello de Alfoz anuncia: “o mércores 23 de abril ás 11:00 horas recibimos unha visita moi especial na Escola Infantil de Alfoz: Trémola Teatro tráenos o contacontos Pipo, o paxaro que non sabía voar. Unha historia chea de tenrura e aprendizaxes para as nenas e nenos, dentro do programa Ler Conta Moito, en colaboración coa Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a Xunta de Galicia”. 

15/04/2025

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro para este domingo, día 20 de abril, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante de 17 a 20 horas.

“Gústache a interpretación, pero tamén che gustaría crear a túa propia peza teatral, subir ao escenario esa fermosa historia da túa familia ou veciñanza que doutro xeito ficaría no esquecemento? Gústache o teatro, pero preferirías algo fresco e dinámico no canto de memorizar longos parlamentos? Non tes experiencia teatral, mais gustaríache explorar a expresión corporal, a voz, o poder da palabra e as emocións, o clown, a escoita, o drama ou a comedia? Se queres bucear na intrahistoria da Mariña, crear, desfrutar do teatro e formar parte dun grupo ben xeitoso, achégate. Estas son as verbas da nosa condutora, guía, mestra teatral Raquel López Cendán, para describir o...

leer más
11/04/2025

O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá a representación da obra de teatro titulada As formas do amor, de María Ángeles Iglesias, este domingo, día 13 de abril, ás 20:30 horas.

Nesta obra, dirixida por Gena Baamonde, están en escena Sergio Zearreta e María Ángeles Iglesias.

O prezo da entrada xeral é de 5 euros, pero para persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas son 3 euros.

11/04/2025

Este sábado, día 12 de abril, ás 18:00 horas chega á Casa da Cultura de Burela a obra de teatro familiar titulada Facendo o indio, de Galitoon Muppets á Casa da Cultura de Burela.

O Concello de Burela anuncia que é “un espectáculo cheo de humor, música, maxia e moitas aventuras que nos fará viaxar ao salvaxe oeste sen saír da butaca”.

O prezo da entrada é 3 euros.

Etiquetas:
09/04/2025

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, representará a obra titulada Trepa, Tripa e Tropa este sábado, día 12 de abril, ás 20:00 horas no local da antiga báscula de Marzán (Foz).

A asociación de veciños O Torques, de Marzán, e a Delegación de Cultura do Concello de Foz organizan esta velada de teatro, na que O Centiño, de San Martiño, ofrecerá a súa última obra, Trepa, Tripa e Tropa, “unha crítica sobre as malas formas de vivir e unha louvanza sobre as virtudes que fan mellor a vida. Será polas 8 da tarde no local social da antiga báscula de Marzán. Unha boa ocasión para desfrutar do teatro e pasar un rato divertido. Apuntádevos!”, anuncia o grupo teatral O Centiño.