Teatro
A compañía Inventi Teatro representará en Viveiro a obra titulada As palabras perdidas. Será o día 14 de marzo, sábado, ás 18:00 horas, no Teatro Pastor Díaz.
É unha comedia para público infantil, a partir de 4 anos, escrita e dirixida por Bea Campos, que tamén forma o elenco artístico xunto a Marcos Alonso.
A sinopse é a seguinte: “A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes, palabras como ganapán, vagalume ou verme. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. As palabras perdidas é un...
leer másO Auditorio de Burela acollerá este sábado 7 de marzo ás 19.00 horas a representación de Molto Barroco, un espectáculo escénico que combina teatro, comedia e música inspirado no período barroco europeo para todos os públicos. A función forma parte da programación cultural promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A proposta de Píscore Teatro “sitúa a acción nunha corte real europea de mediados do século XVIII, onde o rei encarga unha composición musical para un baile de pedida de man, dando lugar a unha sucesión de situacións cómicas e musicais protagonizadas polo compositor da corte, os músicos e un bufón de carácter irreverente”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “o espectáculo combina interpretación teatral, humor, danza e música, incluíndo composicións orixinais inspiradas na...
leer másO grupo Andanzas, de Viveiro, representará a obra titulada Los hombres no mienten, este sábado, día 28 de febreiro, ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo.
Trátase unha comedia destinada a público adulto e con entrada gratuíta.
A compañía teatral Malasombra Producións representará en Viveiro a obra titulada O proceso. Será este sábado, día 28 de febreiro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
É unha comedia para público adulto (maiores de 14 anos) escrita e dirixida por Candido Pazó. O elenco artístico está formado por Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier e Xoque Carbajal.
A sinopse é a seguinte: “1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado. A partir destes feitos históricos Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense...
leer másGaleatro representará a obra titulada Berenguela na gaiola este sábado, día 21 de febreiro, ás 18:00 no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.
É unha obra dirixida ao público infantil maior de 6 anos. A autora e directora é Paula Carballeira e o elenco artístico está formado por Alba Bermúdez, Atenea García e Tone Martínez.
A sinopse é a seguinte: “nunha residencia da terceira idade traen de volta á Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e...
leer másA compañía teatral Lume Escénico, de A Pontenova, representará a obra titulada Activ@s na Casa da Cultura de Trabada. Será este sábado, día 7 de febreiro, ás 21:00 horas.
Está organizada polo Concello de Trabada, que anuncia: “temos unha nova cita teatral coa representación da obra Activ@s, da compañía Lume Escénico. Unha proposta chea de humor e reflexión. Convidamos á veciñanza a asistir e seguir desfrutando da programación cultural municipal”.
Malasombra Produccións representará en Ribadeo a obra teatral para público adulto titulada De algo hai que morrer. Será este domingo, día 8 de febreiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.
É unha obra de José Prieto, dirixida por Marcos Orsi e interpretada polos actores Xoque Carbajal e Jouse García.
O Concello de Ribadeo anuncia que “hai historias que fan rir, hai historias que incomodan e logo está De algo hai que morrer. Se che gusta o humor negro, os personaxes ao límite e as verdades ditas con sorriso … esta é a túa”.
O Auditorio Municipal de Burela acollerá o sábado 25 de abril ás 18.00 horas o espectáculo familiar A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha proposta escénica da compañía A Xanela do Maxín dirixida a público infantil e familiar, recomendada a partir de 2 anos.
O Concello de Burela explica que esta obra “presenta a historia dunha toupiña que, tras sufrir un inesperado incidente ao saír do seu tobo, decide iniciar unha peculiar investigación pola granxa para descubrir cal dos animais foi o causante. No seu percorrido atoparase con diferentes personaxes, nunha sucesión de situacións cheas de humor e sorpresa. Cun ton divertido, o espectáculo conecta co público máis novo e tamén co adulto, ao tempo que introduce valores como o respecto polos animais, a curiosidade e a importancia de reflexionar sobre si...
leer másEscena Miriñaque representará a obra titulada tÁ en Viveiro este sábado, día 7 de febreiro. Será ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz.
Esta obra xestual, que logrou o Premio Nacional de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud do Ministerio de Cultura en setembro de 2024, ten unha duración de 35 minutos e está dirixida ao público infantil, para maiores de 2 anos de idade.
A sinopse é a seguinte: “tÁ é unha obra de danza-teatro onde o realismo máxico cobra vida nun bosque no cal se naturaliza o irreal ou estraño como algo común. Os seus dous personaxes; peculiares, divertidos e sensibles desenvolverán unha relación de amizade baseada no crecemento emocional a través do xogo. Ao final do espectáculo convidarase as nenas e aos nenos para penetrarse no bosque dunha forma moi especial … Bailando...
leer másO Concello de Burela anuncia que xa están á venda as entradas para BIEN, o espectáculo de humor de David Puerto, que se representará na Casa da Cultura de Burela o sábado 9 de maio de 2026 ás 20:00 horas.
“A cita enmárcase na programación cultural municipal e chega coa vontade de ofrecer ao público unha proposta de comedia en directo, fresca e participativa, para gozar dunha noite de risas na vila”, explica o Concello de Burela, que engade: “esta iniciativa responde á aposta do equipo de goberno por unha programación cultural estable, diversa e de calidade, que achegue a Burela espectáculos actuais e atractivos, ao tempo que dinamiza a vida cultural e social do municipio e contribúe a facer da Casa da Cultura un espazo de encontro para todos os públicos”.
As entradas poden adquirirse a través da...
leer más












