Teatro

02/01/2026

A compañía teatral Nao Caracola presentará un espectáculo de monicreques este domingo, día 4 de xaneiro, en Barreiros.

“Chegan os monicreques a Barreiros! O vindeiro domingo, 4 de xaneiro, ás 18 horas nas Escolas Vellas de San Miguel Nao Caracola presenta o seu primeiro espectáculo dirixido a todos os públicos, especialmente recomendado a partir dos 6 anos: Esperta Rinoceronte. Esta obra de monicreques dá vida a unha historia que pon o foco no traballo infantil e, con iso, naquelas persoas cuza existencia coñecemos, pero preferimos ignorar. Esperta Rinoceronte fala sobre a nosa conciencia durmida, sobre a nosa capacidade de mirar para outro lado, sobre o noso consentimento inconsciente que se deixa levar polos brillos cos que se camufla o despropósito. Un despropósito que se estende polo planeta e camúflase como unha impagable maquinaria de desposesión e...

leer más
Etiquetas:
02/01/2026

Este sábado, día 3 de xaneiro, ás 21:00 horas a Casa da Cultura de Trabada acollerá a representación teatral titulada Ai! Señor, señor,…, a cargo do grupo Adala. Esta actuación enmárcase dentro dos ciclos culturais que o Concello vén desenvolvendo de maneira regular, “apostando polo teatro e pola dinamización cultural no municipio”.

O Concello de Trabada tamén anuncia que “o domingo 4 de xaneiro Trabada vivirá un dos momentos máis agardados polas familias coa celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada pola Asociación Cultural O Picato, coa colaboración do Concello. A partir das 16:00 horas os Reis Magos visitarán o CAM, onde se fará entrega de roscóns para os maiores. Ás 17:30 horas dará comezo a cabalgata, cun percorrido desde a Casa da Cultura ata o Pavillón Municipal de Deportes, acompañados polo grupo de...

leer más
29/12/2025

A compañía Tarabela Creativa representará a obra titulada A Tarabela Ambulante: IDEA este martes, día 30 de decembro, en Burela. Será na Casa da Cultura ás 18:00 horas.

O Concello de Burela anuncia que é “un espectáculo gratuíto de Tarabela Creativa para público familiar”.

29/12/2025

O Concello de Xove continúa coa súa programación cultural de Nadal e, neste marco, este martes, día 30 de decembro, ás 18:00 horas, o salón de actos do Centro Cívico de Xove acollerá a representación da obra teatral O Apalpador e a nena sen medo, da compañía A Xanela do Maxín.

Trátase dun espectáculo pensado para público familiar, no que “a tradición do Apalpador cobra vida a través dunha historia chea de fantasía, humor e tenrura. A obra combina música, interpretación e participación do público, ofrecendo unha experiencia de entretemento e diversión na que pequenos e maiores poderán gozar dunha actividade máxica propia destas datas”, anuncia o Concello de Xove, que convida a toda a veciñanza e visitantes a acudir a esta proposta cultural que “busca non só fomentar o teatro como ferramenta educativa senón tamén...

leer más
28/12/2025

O grupo Trípode Teatro estreará a obra titulada Desequilibrados, escrita por Pepe Peinó, o día 3 de xaneiro, sábado, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Valadouro.

“Os de Trípode levamos varios meses traballando intensamente na nosa nova obra, titulada Desequilibrados. Por fin, o vindeiro 3 de xaneiro de 2026, co novo ano xa andando, estrearémola en Ferreira do Valadouro, ás 20,00 horas. Antes de nada, debemos mostrar o noso sincero agradecemento ao concello do Valadouro e á súa área de Cultura por todas as axudas e facilidades que nos deron para levar adiante os ensaios e, finalmente, a estrea; a Juan Novás, técnico de cultura do Valadouro, polo seu xeneroso traballo, que nos beneficia a todos; a Suso Rubio, tamén técnico de cultura do Valadouro, por regalarnos a súa creatividade en forma deste cartel,...

leer más
23/12/2025

Este sábado, día 27 de decembro, ás 17:30 horas dentro do programa Circuíto de Teatro Profesional, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a través da asociación Eco das Minas (A Chocolateira), da Pontenova (A Chocolateira) chega á Casa da Cultura este espectáculo -de teatro, música e danza- para toda a familia.

“Bailaremos, cantaremos e sobre todo divertirémonos moito da man de María Balteira, a bailadora primeira”, anuncia a asociación Eco das Minas.

María Balteira, a bailadora primeira é un espectáculo de teatro, música e danza con esta sinopse: “Montse Rivera e Xabier Iglesias achegan o baile tradicional ás crianzas e ás súas familias cunha obra de teatro, música e danza ambientada no Medievo. O Rei Sabio vive no Bosque das Artes, onde cultiva a música, a poesía e o teatro, pero algo non...

leer más
19/12/2025

O grupo Rebuldeira Teatro, de Sarria, presentará na Casa da Cultura da Pontenova a obra titulada @s vell@s non deben namorarse. Será este sábado, día 20 de decembro, ás 17:30 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Lume Escénico, coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
18/12/2025

Este venres, día 19 de decembro, ás 21:00 h, a Casa da Cultura de Burela acolle a representación da obra Marina Club, unha proposta teatral para adultos da man do grupo A Adala. “Unha cita co teatro en Burela para compartir cultura”, anuncia o Concello.

Esta actividade é unha iniciativa do Concello de Burela en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo dentro do ciclo de teatro afeccionado.

 

17/12/2025

A actriz Isabel Risco representará a comedia Nabiza Girl no municipio de Barreiros, concretamente nos Colexios Vellos de San Miguel, este sábado, día 20 de decembro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.

Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros, que anuncia: “este sábado, 20 de decembro, despedimos a programación de teatro deste último trimestre do ano cunha cita moi especial en Barreiros. Chega Isabel Risco coa súa icónica Nabiza Girl, un espectáculo cheo de humor, retranca e identidade galega: Pensabades que morrera, pero estaba de parranda! A máis importante superheroína galega está de volta, máis poderosa ca nunca, superando adversidades e aturuxando dende o cumio do Pindo. Nesta nova aventura, Nabiza Girl chega acompañada do seu fiel escudeiro Don Galizo para loitar contra as inxustizas e os problemas que asolagan a nosa terra. Isabel...

leer más
Etiquetas:
12/12/2025

O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará en Viveiro a obra titulada Dona Clara. Será este sábado, día 13 de decembro, no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. É unha actuación incluída no Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A entrada é de balde ata completar aforo e non é necesario facer reserva previa.

O Concello de Viveiro anuncia que é unha traxicomedia para público adulto cunha duración de 90 minutos. Tamén explica que se trata dunha tradución e adaptación da obra orixinal O regreso da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt, a cargo de Ramón Casas, que ademais é o director.

O elenco está formado por: Juan Rodríguez, Benito Pérez, Patricia Pérez, Ramón Ángel Ares, Sandra Novo, Xosé Friol, Tino González, Fanny Pedre, Miriam Bouso,...

leer más