
O Concello de Lourenzá anuncia que a Praza do Conde Santo converterase nun gran escenario ao aire libre para acoller a representación teatral Ñiqui Ñaque, unha coprodución de Espectáculos Valente e o Centro Dramático Galego. Será este domingo, día 2 de agosto, ás 20:00 horas.
Os actores Dani Lago e Ángel Blanco interpretarán un texto de Cándido Pazó coa dirección de Roberto Vázquez.
“Unha proposta teatral para gozar da cultura e do humor nunha tarde de verán pensada para todos os públicos”, explica o Concello de Lourenzá.


