Teatro

Etiquetas:
01/09/2023

O Concello do Valadouro celebra a XXXVII edición da Semana do Teatro Amador desde este domingo, 3 de setembro, ata o xoves 7. Todas as representacións será ás 22:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A entrada é de balde e a apertura de portas será media hora antes de cada evento.

O domingo 3 A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Marina Club. Ao día seguinte o Torques, de Burela, representará O Randiña. O martes 5 Metátese Teatro, de Palas de Rei, porá en escena Ao carón das palabras. O mércores 6 Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) presentará Era boa se colabora. E rematará o ciclo xoves 7 co grupo 57 Palabras, de Viveiro, e a obra A fuga.

Etiquetas:
30/08/2023

Este xoves, 31 de agosto, venres 1 e sábado 2 de setembro Foz poderá desfrutar de tres grupos de teatro afeccionado que representarán ás súas obras en diferentes emprazamentos da vila. Por mor das previsións meteorolóxicas as obras do venres e do sábado serán en interior.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o xoves 31 será a compañía Os pícaros de Lagoa a que poña en escena a obra Era boa si colara, que se representará na Praza Conde de Fontao ás 21.30 horas. O venres 1 comezaremos setembro coa compañía O Centiño e a obra De poucas luces, que será tamén ás 21.30 horas pero na Casa da Cultura. O sábado 2 será a compañía A Adala quen representará Marina Club, tamén na Casa da Cultura ás 21.30 horas”.

A edila móstrase “moi feliz xa que contamos con moitas compañías de teatro afeccionado que nos...

leer más
Etiquetas:
13/08/2023

Os días 14 e 18 de agosto poderanse reservar en Viveiro as entradas para a representación do Teatro dos Irmáns Álvarez Quiteiro, a cargo do Grupo de Teatro Andanzas de Viveiro. 

A obra será o 19 de agosto ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, con entrada de balde. 

Reserva de entradas: luns 14 e venres 18 no teléfono 982560162, en horario de 09.00 a 14.00 horas ou  no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, e tamén na  taquilla do teatro o día da función, unha hora antes.

 

Etiquetas:
08/08/2023

O venres, 18 de agosto, terá lugar en Alfoz “O noso teatro”, un encontro teatral de Xesús Pisón e Manuel Lourenzo na Casa de Cultura ás 20.30 horas. O evento componse de diferentes partes que contan coa participación doutras figuras da cultura galega.

Primeiramente, a presentación do acontecemento teatral vai da man de Lionel Rexes. Seguidamente, terán lugar as lecturas dramatizadas dos protagonistas. Por unha banda, “Nai vella”, de Xesús Pisón, estará interpretada por Inma Orol e pola outra “Belicosario”, de Manuel Lourenzo, será exposta polo propio autor xunto a Pepa Lorenzo.

A terceira parte do evento incluirá un relato dos autores no que recorrerán co público os seus comezos no teatro. Finalmente, rematará co participación dos asistentes cun coloquio no que todos poden participar como broche de ouro.

Etiquetas:
27/07/2023

A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das...

leer más
Etiquetas:
08/06/2023

O Concello de Foz organiza a segunda edición do certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo (O Poto), que comeza mañá, venres.

A concelleira de Cultura en funcións, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz prosigue o seu traballo na área cultural. O evento máis próximo é o certame de teatro afeccionado creado no ano 2022 e que pretende a visualización do esforzo e creatividade dos grupos de teatro afeccionado na difusión da cultura. O certame conta con seis días nos que en cada un se representará unha nova obra. Serán todas ás 20 hos na Casa da Cultura Poeta Manuel María”.

O certame comezará este venres, 9 de xuño, coa obra A liorta, de Avelaíña Teatro. O sábado 10 será a quenda de Vacacións, de A Tequerreté Teatro. E para cerrar o primeiro fin de semana, o domingo 11 de xuño a Asociación...

leer más
Etiquetas:
26/05/2023

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o sábado 3 de xuño o acto de entrega de premios do Certame das Letras Galegas da Biblioteca de Alfoz.

Ás 20:30 o grupo Trémola porá en escena a obra Unha nova galaxia. Trátase dunha recreación da vida de Francisco Fernández del Riego a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Ao remate procederase á entrega dos Premios de Debuxo e Narrativa das tres categorías da fase local do Certame organizado pola Biblioteca. Os gañadores/as competirán a nivel provincial no concurso da Biblioteca Pública de Lugo.

A actividade está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
24/05/2023

A Concellería de Cultura do Concello de Valadouro informa da representación de teatro cómico que terá lugar o vindeiro venres, 26 de maio ás 21:00 horas coa peza Dúo Vaguedades.

En Dúo Vaguedades, Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, nunha iniciativa que dá un salto do audiovisual ao escenario e que mestura teatro, humor e música. Na liña habitual desta parella de humoristas, este espectáculo propón unha revisión cómica dunha parte fundamental da nosa cultura, da nosa lingua, do noso xeito de ser e da nosa relación co resto do universo.

Dúo Vaguedades é un espectáculo que se achega, en clave de humor, a diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, ao valor da nosa lingua,e á riqueza patrimonial e cultural propias de Galicia.

Esta...

leer más
Etiquetas:
18/05/2023

Ibuprofeno Teatro presenta o vindeiro sábado, 20 de maio, ás 20:30 horas 'Smoke on the water' na Casa da Cultura de Burela. A montaxe da compañía de Ibuprofeno Teatro, que toma o seu título do mítico tema da banda inglesa Deep Purple, é unha traxicomedia sórdida con música en directo ambientada no universo do rock dos 70. 

O texto de Santiago Cortegoso, quen asina tamén a dirección, recibiu o Premio Mome Varela Buxán de textos teatrais no 2013 e está editado por Positivas, nun único volume xunto ao último texto de Cortegoso 'O mel non caduca'. En escena Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Rios e María Costas dan vida a uns personaxes fracasados e maltratados pola vida. Acompáñaos no escenario o músico Mon Orencio que se encarga tamén do espazo sonoro. Salvador del Río no deseño de iluminación, Pablo Giráldez 'O Pastor' no deseño do...

leer más
Etiquetas:
27/04/2023

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro informa de que o vindeiro sábado, 29 de abril, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da terceira Idade "Manuel Lourenzo, escenificarase a obra de Teatro Menciñeiro á forza, a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa.
 
A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario.
 
Sinopse
Un matrimonio que sempre anda á porfía. Como ela está un pouco cansa da actitude do seu marido, maquina unha vinganza: facerlles crer que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla.

A entrada é de balde.