Teatro

09/10/2023

A representación terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. 

Sipnose: Din que o corazón de Ana é un dormitorio baleiro. Nico quere tatuarse o seu. Están atrapados nun ascensor e pasarán de ser descoñecidos a amigos. Isto pasou fai tres anos, pero viaxando ao pasado, viviremos no presente o que nos veñan a contar. O amor, o sexo, a soidade e os prexuízos da xente serán os temas para tratar. O xornalista con parálise cerebral e a vendedora de caramelos que anda sumida en contradicións, explicarán sen complexo algún as súas vivencias afectivo sexuais para demostrar que cada un de nós, coa súa parálise particular, temos diferentes medos, soños e ilusións. Unha historia de dous amigos, unha historia de crecemento persoal tinguida de humor e dor a partes iguais.

O prezo das entradas será de 5 euros. E de 3 para...

leer más
Etiquetas:
07/10/2023

O grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta Pan con Chocolate, unha das novas obras que ten preparadas para este outono. As representación serán no local dos colexios vellos de San Miguel de Reinante o mércores 11 de outubro ás 20:30 horas e o xoves 12 ás 19:00 horas.

As entradas están á venda nos bares Moderno e Miramar, en San Cosme de Barreiros; no hotel restaurante Rías Altas, en San Pedro de Benquerencia; e en San Miguel de Reinante poden mercarse no supermercado e no bar A Dulcería.

 

Etiquetas:
04/10/2023

A Casa da Cultura de Burela, como parte do programa Ler Conta Moito, albergará un espectáculo do contacontos Caxoto e a súa compañía A Trastenda dos Contos titulado ‘Miña terra meu lar (contos ambientais)’.

Dirixido a un público infantil e familiar, trata a importancia do medio ambiente dun xeito lúdico e musical.

Será ás 18:00 horas deste sábado, 7 de outubro, con entrada de balde

Etiquetas:
04/10/2023

O mago Paco presentará o seu espectáculo Hocus Pocus no salón de actos da Casa da Cultura do Valaduro este sábado, 7 de outubro, ás 20:00 horas con entrada de balde.

É un espectáculo de maxia cómica incluído no programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O Concello do Valadouro anuncia que “Hocus Pocus é un espectáculo versátil, aberto e adaptado a calquera espazo de representación. Está guiado por unha peculiar personaxe, O mago Paco, que fai de cada xogo un momento diferente, no que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas, creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aloucado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas”.

Etiquetas:
01/10/2023

O vindeiro luns, 9 de outubro, ás 10:30 horas, a Delegación de Cultura de Alfoz ten programada a actuación de Charo Pita na Escola Infantil Galiña Azul.

Coma todos os anos trátase dunha actividade dirixida aos máis pequenos e ás súas familias dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

“Porco, porquiño ensíname o camiño”, é o título do contacontos que ofrecerá Charo Pita.

 

Etiquetas:
27/09/2023

Camiño Escena Norte, o proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías teatro, danza e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega esta fin de semana a Melide e Ribadeo cunha dobre función do espectáculo Lear en las catedrales, unha peza de Ábrego Producciones. Ao finalizar as dúas representacións, os membros da compañía cántabra participarán nun encontro co público asistente. 

A montaxe de Lear en las catedrales está atravesada polo poema Lear en el claustro, de José Hierro, e reflicte a decadencia dun rei despoxado de todo e que implora ser amado pola súa filla Cordelia. A obra avanza armando o crebacabezas dunha memoria que tende a esvaecerse no esquecemento, engadindo capas, unhas feitas de realidade e vivencias da actriz e outras feitas de ficción, a das personaxes...

leer más
Etiquetas:
26/09/2023

Dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Provincia de Lugo 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Ítaca Teatro, con Elea López e Carlos Rebolo, representan a obra titulada ‘Cinco minutos sen respirar’. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro este sábado, 30 de setembro de 2023, ás 20:00 horas con entrada de balde. É unha representación que se recomenda para público adulto.

‘Cinco minutos sen respirar’, de Gustavo Ott, fala “da vida, dos abusos bancarios, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas que non dá tempo a resumilas en cinco minutos...”.

Etiquetas:
20/09/2023

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro infantil e xuvenil. A presentación da actividade e xornadas de portas abertas para as persoas que queiran probar será este sábado, 23 de setembro ás 16:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel.

Os organizadores anuncian: “tras o comezo do curso escolar chega o noso obradoiro de teatro infantil e xuvenil. Destinado a todas e todos os nenos e rapaces, o sábado 23 de setembro faremos unha xornada de portas abertas para que todas e todos os que sintades interese ou gañas de probar a ser actrices e actores o poidades facer sen ningún compromiso. Esperámosvos a todas e todos as 16:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante”.

 

13/09/2023

O Concello de Viveiro organiza no Teatro Pastor Díaz unha ampla programación de espectáculos para o último trimestre deste 2023. Nos meses de outubro, novembro e decembro o teatro acollerá un total de 12 eventos entre representacións teatrais, concertos e incluso un espectáculo de maxia. 

Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura, destaca que os eventos programados “inclúen como sempre grandes pezas teatrais a nivel galego, e tamén, como en anos anteriores, a nivel nacional”. “Neste caso teremos unha peza que chega dende o País Vasco e outra dende Madrid”, engade. 

A concelleira sinala que o obxectivo principal desta programación é “facer da nosa cultura unha cultura plural, diversa, que abranga tanto o feito no noso país como o feito no panorama nacional”. 

“É sempre un...

leer más
Etiquetas:
07/09/2023

Melide, Mondoñedo, Portomarín, Ribadeo e Vimianzo súmanse este ano ás localidades de Ames, Arzúa, Carballo, Lugo, Santiago de Compostela e Viveiro como sedes do circuíto de funcións ‘Itinerario Constelacións’.

Máis escenarios, máis funcións, máis actividades e máis colaboracións. Camiño Escena Norte (CEN) celebra a súa quinta edición incrementando o intercambio de compañías, profesionais e públicos en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. O lema Vieiros que conflúen describe unha programación oficial que se celebrará do 17 de setembro o 22 de outubro, con 15 compañías de teatro, danza e artes do movimiento e novo circo, amosando os seus espectáculos en perto de 60 sedes que forman parte do Itinerario Constelacións.

A quinta edición do Camiño Escena Norte conta con importantes novidades, como a...

leer más