Virtuais

Etiquetas:
27/12/2023

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela presenta a través da súa páxina web www.oppburela.com a posibilidade de realizar unha serie de visitas virtuais a barcos de pesca das súas frotas, para que o público poida coñecelos a través da pantalla do seu ordenador ou os seus dispositivos móbiles, podendo gozar aínda máis a experiencia con lentes de realidade virtual. Esta medida inclúese no seu plan de produción e comercialización 2023, con financiamento da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do FEMPA.

Estas visitas virtuais créanse co obxectivo de poñer en valor o oficio pesqueiro, xunto con outras accións audiovisuais para promocionar e divulgar o “oficio do mar” e a actividade pesqueira das diferentes frotas da OPP Burela.

Pódese acceder a estas...

leer más
Etiquetas:
24/03/2020

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense ven de poñer en marcha estes días unha iniciativa para a promoción dos recursos turísticos deste xeodestino. A través de facebook, twiter e instagram poderanse realizar visitas virtuais en 3D e 360º a varios monumentos da comarca. A Mariña desde a casa así se denomina esta campaña ideada para poder visitar desde a casa, neste tempo de confinamento, a Basílica de San Martiño, o Castelo de Castrodouro, a Igrexa de San Francisco, a Fortaleza de Tovar ou a Catedral de Mondoñedo.

O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, dixo que “desde a Mancomunidade estamos evidentemente, como todos, en confinamento quedándonos na casa. Son momentos complicados. O que queremos é seguir promocionando a Mariña, seguir facendo todas as tarefas que viñamos facendo para, cando pase esta crise...

leer más
Etiquetas:
16/03/2020

A Rede Museística Provincial porá en marcha actividades en liña, adaptando parte da súa programación didáctica á situación de excepcionalidade provocada pola crise do coronavirus Covid-19.

Cada día, ás 12.00 horas, desenvolveranse sesións virtuais nas que se invitará aos nenos e nenas a crearen o seu propio museo. Trátase dunha proposta que forma parte da oferta didáctica dos museos e que agora se traslada á rede poñendo a disposición das familias recursos para contribuír a que estes días de permanencia obrigada nas casas se fagan máis amenos.  

“Día a día acompañaremos aos nenas e nenos para que creen os seus museos persoais con pezas de valor para eles, para que dialoguen cos seus maiores e recuperen a memoria, as raíces e a súa historia, para que debuxen, pinten, imaxinen e creen”, explica Encarna Lago, xerente...

leer más