Lotería
Cervo protagoniza a nova campaña de lotería de Nadal que se presentou este mesmo xoves e que se compón de tres historias, unha delas rodada neste municipio.
Baixo título “Tres Orquídeas” o anuncio que se emite desde hoxe mesmo, conta unha fermosa historia chea de xenerosidade que xira en torno ao Faro de San Ciprián.
A gravación levouse a cabo durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro e entre as localizacións escollidas están o Faro da Atalaia, o Bar Aquelarre ou Efectos Navais Rubio.
Tal e como precisou Villares, “é un orgullo que o noso municipio fose o escollido para rodar un dos anuncios máis agardados do ano”. Desde o Concello tentamos facilitar na medida do posible a rodaxe –precisou- porque entendemos que é unha oportunidade protagonizar o spot por excelencia do ano.
... leer másO 6 de xullo sortearase o décimo de lotería nacional que Loterías y Apuestas del Estado fixo para conmemorar a XX edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
A presentación do décimo tiña lugar hai uns días no peirao norte do porto de Celeiro, e no acto estiveron o presidente da ACD Penalba (entidade organizadora), Bernardo Fraga; o patrón maior da cofradía de pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro, Domingo Seijas; o representante de Puerto Celeiro SA, Eduardo Míguez; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Rosario San Isidro e Montserrat Ramil, membros da asociación; e a delegada de Loterías y Apuestas del Estado para a provincia de Lugo, Pilar Lorenzana.
O deseño do décimo correu a cargo de Dani Kxt, chilindrín afincado en Madrid e colaborador da asociación en todas as súas andainas.