Cursos
A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá un curso de croma e de edición de vídeo. Será os venres desde o día 3 de xullo ata o 4 de setembro.
“Buscas unha actividade divertida e útil para os teus fillos este verán? Na Aula CeMIT da Casa da Cultura axudámoslles a converterse en auténticos creadores de contido”, anuncia o Concello de O Vicedo.
É para nenos e nenas a partir de 10 anos e desenvolverase todos os venres do 3 de xullo ao 4 de setembro de 11:00 a 13:00 horas. É de balde e as prazas son limitadas. As inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.gal.
El día 29 de junio, lunes, arrancará en Burela la décimo tercera edición de la Escuela de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para niños y niñas con edades comprendidas entre los 3 y los 12 años. Se trata de un proyecto educativo “pionero en Galicia, que trabaja la autoestima, la motivación y las inteligencias múltiples”.
La directora de la Escuela de Minitalentos, Raquel Hermida, destaca que “la Escuela de Minitalentos es un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de los niños y las niñas. Nuestros objetivos son llenar sus mochilas de experiencias nuevas, contenidos y fortalezas, fomentando la autoestima y la motivación. Además otro objetivo es el de potenciar sus capacidades y habilidades para que siempre puedan contar con ellas. Aprendemos a trabajar en equipo mientras realizamos proyectos de emprendimiento....
leer másO Concello de Viveiro colaborará coa Banda de Música O Landro na organización duns obradoiros de construción de instrumentos musicais con material de refugallo. Trátase dunha proposta que une educación ambiental, creatividade e formación artística e que se desenvolverá durante este verán, nos meses de xuño e xulllo, no Conservatorio de Música de Viveiro.
A iniciativa conta tamén coa colaboración de FCC Medio Ambiente, empresa adxudicataria do servizo vinculada á xestión dos residuos no municipio. Desde o Concello de Viveiro sublíñase que “este tipo de actividades permiten avanzar na concienciación ambiental e, ao mesmo tempo, implicar á sociedade, ás asociacións e ás novas xeracións na importancia de preservar o medio natural a través de propostas prácticas e participativas”.
Durante a presentación da actividade o...
leer másEstá aberto ata o vindeiro 5 de xullo o prazo de inscrición para participar no curso de verán que organizan a Mancomunidade de Concellos da Mariña e a Universidade da Coruña. O título é Emprender no sector turístico na Mariña Lucense e terá lugar do 6 ao 9 de xullo de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e...
leer másO Concello de A Pontenova organiza un obradoiro de técnicas básicas de flores secas para o día 10 de xuño, mércores, de 17:00 a 20:00 horas no Local das Sociedades, concretamente no do CIT.
Para participar é necesario que inscribirse previamente a través do teléfono 982.342.277 e hai un máximo de 15 prazas.
O Concello de Cervo vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo IX, dirixido a mozos e mozas maiores de 18 anos. Desenvolverase entre o 6 de xullo e o 18 de agosto e as prazas son limitadas.
A iniciativa, que será totalmente gratuíta para as persoas participantes, ten como finalidade “ofrecer unha formación especializada que permita ampliar as posibilidades de acceso ao mercado laboral, especialmente no ámbito do lecer educativo e da animación sociocultural”, explica o Concello de Cervo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou a importancia de seguir promovendo este tipo de accións formativas destinadas á mocidade: “desde o Concello queremos facilitar recursos que axuden aos nosos mozos e mozas a adquirir novas competencias e ferramentas que...
leer másO Concello de Xove, a través da súa Área de Muller e Igualdade, abre o prazo de inscición para o servizo de conciliación familiar Xove Concilia durante para este verán 2026. Todas as familias que precisen conciliar a vida laboral e familiar durante os próximos meses de vacacións escolares poderán inscribirse ata o 13 de xuño a través da Sede Electrónica do Concello de Xove ou da súa Oficina de Información Xuvenil.
Este é un servizo que o Concello de Xove realiza desde o ano 2015, e que progresivamente foi ampliado e mellorado. Actualmente desenvólvese pola empresa Sonaga Gestión, S.L., adxudicataria do procedemento licitado en 2025.
Segundo explican desde o Concello “no programa Xove Concilia o Verán aténdense arredor de 100 nenas e nenos de 3 a 10 anos de idade, o que significa axudar nas necesidade de...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Universidade da Coruña (UDC) organizan para o vindeiro mes de xullo un curso de verán baixo o título Emprender no sector turístico na Mariña Lucense, que se desenvolverá do 6 ao 9 de xullo en horario de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e o posicionamento...
leer másO Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, ofrece un curso gratuíto de administrativo dirixido a persoas desempregadas, aínda que tamén poden inscribirse como mellora de emprego persoas que estean a traballar. Esta acción formativa inclúe prácticas en empresa e ademais permite obter o certificado de profesionalidade. As probas de selección realizaranse o día 13 de maio, mércores, ás 18:00 horas no CIFP Porta da Auga.
“Buscas traballo estable? Fórmate como administrativo e abre as portas ao teu futuro co certificado de profesionalidade de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais de 508 horas (108 de prácticas na empresa) de nivel I sen requisitos de acceso. Aprende a interpretar unha nómina, xestión de documentos, atención ao cliente, facturación, contabilidade básica e manexo de...
leer másCon motivo das celebracións do Día das Letras Galegas, a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros acollerá o xoves 14 de maio, en horario de 18:00 a 19:30 horas, a actividade titulada Obradoiro de gravado con Begoña Caamaño, unha proposta organizada polo Concello de Barreiros e incluída no programa Ler conta moito.
O Concello de Barreiros explica que “a través da arte do estampado con linóleo, a cativada participante mergullarase na obra de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, dándolle cor e forma desde a súa propia creatividade. Cada neno e nena poderá facer a súa propia interpretación empregando esta técnica artística, explorando libremente a súa imaxinación nunha actividade creativa e participativa. O obradoiro está dirixido á cativada de 5 a 10 anos”.
As...
leer más












