O SLG organiza en Saldoira (A Pontenova) un curso de transformación e conservación de excedentes da horta os días 16, 17 e 31 de outubro

O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza un curso gratuíto de transformación e conservación de excedentes da horta con enfoque agroecolóxico. Será os días 16, 17 e 31 de outubro no Centro Social Blanca Muruais, que está na área recreativa de Saldoira (A Pontenova).

Será impartido por Luz de Ribeiregas nestes horarios: o venres 16, de 16 a 20 horas; e os sábados 17 e 31, de 15 a 21 horas. Para participar hai que inscribirse previamente.

É unha actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).