Cursos
O Concello de Barreiros organiza unha nova actividade para a cativada, nesta ocasión propón un obradoiro de monicreques de papel e arte natural, no que a imaxinación e a creatividade serán protagonistas.
A actividade terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros o 23 de setembro, martes, de 16:00 a 17:30 horas.
“Para participar será preciso facer inscrición previa xa que as prazas para este obradoiro son limitadas. Para anotar ás vosas crianzas debedes facelo antes do 17 de setembro na propia biblioteca. Con este tipo de talleres trátase de reforzar o desenrolo da motricidade fina así como de axudarlles a ser máis creativos/as. Tamén se fomentará o contacto e o respecto pola natureza ao empregar recursos que ela mesma nos brinda”, explica o Concello de Barreiros.
A xornada está...
leer másBurela acollerá un taller de defensa persoal para mulleres o día 10 de setembro, mércores.
O Concello de Burela explica que é “un obradoiro pensado para mulleres maiores de 16 anos (as menores con autorización), baseado no Método MAS, unha metodoloxía específica de defensa persoal feminina que combina corpo e mente para detectar sinais de perigo, previr situacións de risco e responder con seguridade e confianza”.
Haberá dous grupos, un deles desenvolverá a actividade de 10:00 a 14:00 horas e outro será de 16:00 a 20:00 horas. Será na Aula de Familia, da Casa da Cultura de Burela.
As inscricións poderán facerse dende o 1 de setembro presenciais no CIM de Burela, que está na Casa do Concello, ou a través do teléfono 982.58.06.09 ou do correo electrónico cim@...
leer másO Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada gratuíta de prevención de riscos laborais no uso de fitosanitarios. Desenvolverase en Vilanova de Lourenzá, concretamente no Multiusos Ponte de Cuñas, o día 3 de setembro, mércores, de 15 a 20 horas.
“Se queres aprender a usar correctamente os fitosanitarios para poder desenvolver a túa actividade de xeito máis seguro, non dubides en anotarte”, anuncia o Sindicato Labrego Galego. A inscrición pode facerse a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou do teléfono 698.159.667.
Para esta actividade o Sindicato Labrego Galego conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Esta mañá deu comezo en Ribadeo o XIV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado por Apaga. Nesta edición, que se prolongará ata o venres, participan ponentes chegados desde Colombia e desde Portugal.
No acto de inauguración interviñeron o alcalde, Dani Vega, o director territorial de Economía e Industria, Gustavo Casasola, e o presidente de Apaga, Álvaro Doural. Máis de 50 persoas procedentes de diferentes puntos da xeografía española asisten a este Fórum no que se abordan cuestións como a diagnose de vehículos híbridos/eléctricos, os incendios nas baterías de vehículos eléctricos ou a internacionalización da asociación Apaga, entre outras. Ademais os asistentes achegaranse á Formación Profesional que se imparte en Colombia ou das mobilidades europeas de alumnos que son acollidos en empresas de Portugal.
... leer másBurela prepárase para vivir unha semana na que a música será protagonista coa celebración do XV Curso Interdisciplinar de Música, organizado pola Escola Municipal de Música de Burela. A actividade desenvolverase do 2 ao 7 de setembro en horario de mañá, de 10:30 a 12:00 horas, e está dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.
“Durante o curso a cativada participará en actividades musicais variadas, nas que traballarán o ritmo, a voz e a práctica instrumental, adaptadas á súa idade. Terán a posibilidade de familiarizarse cos instrumentos de corda, vento e percusión, convertendo cada sesión nun espazo de aprendizaxe creativo e divertido”, segundo explicou o tenente da alcaldesa de Burela, Mario Pillado.
O broche final desta edición será o domingo 7 de setembro cunha actuación do alumnado no Cantiños da...
leer másO Concello de Trabada, en colaboración con ARA Formación, pon en marcha un curso de manipulador de produtos fitosanitarios de 25 horas e nivel básico, que se desenvolverá entre o 15 e o 20 de setembro de 16:00 a 21:00 horas. A formación será de carácter presencial e ten un custo de 90 euros por persoa.
As persoas interesadas dispoñen de prazo para inscribirse ata o 5 de setembro, podendo facelo a través dos teléfonos 886.203.763 / 698.190.633 ou ben mediante correo electrónico en vera@araformacion.es ou conchi@araformacion.es.
O Concello de Trabada explica que “este curso está especialmente dirixido a todas aquelas persoas que precisen obter a certificación oficial para o uso seguro de produtos fitosanitarios, un requisito cada...
leer másMondoñedo acollerá os días 22 e 23 de setembro un curso do programa de formación en apicultura que a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén desenvolvendo nos dous últimos anos da man da Casa do Mel.
Trátase de cursos de 10 horas con contidos téoricos e prácticos enfocados na ampliación e actualización de coñecementos das apicultoras e apicultores como a diversificación das producións, a nutrición e alimentación das abellas ou a elección das ubicacións axeitadas para a instalacións de apiarios son as cuestións nas que se centrarán os cursos.
O deputado provincial de Rural, Daniel García, explicou que se trata “dunha formación gratuíta coa que damos continuidade ao programa que puxemos en marcha o ano pasado, para apoiar con coñecemento actualizado e prácticas adaptadas ás dificultades que...
leer másO Concello de Burela, a través do seu Centro de Formación Ocupacional, ofrece dous novos cursos de formación que comezarán no mes de outubro de 2025, dirixidos a persoas desempregadas dentro do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. “Estes cursos permiten a obtención do certificado de profesionalidade, que acredita as competencias profesionais necesarias para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral”, explica o Concello de Burela.
O primeiro dos cursos está dedicado á atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208), cunha duración de 528 horas. Como requisito de acceso, é necesario ter o título de ESO. ou equivalente.
O segundo céntrase nas operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (ADGG0508), cunha duración de 518 horas, e non...
leer másDo 25 ao 30 de agosto A Mariña acolle o programa Obradoiros con corazón, unha proposta de lecer para desfrutar do verán coñecendo o territorio a través da súa artesanía local deseñada para promover a riqueza artesá da comarca. O programa inclúe nove actividades diferentes en obradoiros situados en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Ourol.
Nesta iniciativa, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/amarina-obradoiros-con-corazon
As prazas son limitadas, xa que cada actividade acollerá un grupo reducido de persoas co obxectivo de garantir unha...
leer más












