Cursos
O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova proposta a través do obradoiro de emprego que actualmente ten, denominado Máis emprego. Son obradoiros para aprender a elaborar xabóns e velas, que se celebrarán en San Cosme desde este xoves, 26 de xuño, e en San Miguel desde este venres, 27 de xuño.
“Trátase de dous obradoiros prácticos, ideais para aprender a elaborar xabóns artesanais e velas aromáticas naturais. Desenvolveranse en dúas localizacións: Escolas de San Cosme, comezo o 26 de xuño ás 10:30 horas; e Colexios vellos de San Miguel, comezo o 27 de xuño ás 11:30 horas. Cada taller constará de dúas xornadas, cunha duración aproximada de 1 hora por sesión. As prazas son limitadas polo que, as persoas interesadas en asistir, deben anotarse previamente no Concello ou chamando ao 982.124.002”, explica o Concello de Barreiros.
Este mércores, día 25 de xuño, no Centro Sociocomunitario de Ribadeo haberá unha xornada centrada no benestar mental e emocional das familias. Será de 16:00 a 22:00 horas. Para participar hai que inscribirse no Concello de Ribadeo.
É unha actividade acreditada por AFAMMER Lugo e Grupo Forma-T, dentro do plan Corresponsables, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade.
A Rede Museística Provincial de Lugo desenvolverá durante os meses de xullo e agosto unha variada axenda de obradoiros creativos e propostas didácticas. Baixo o epígrafe Cousas nosas, os catro museos da rede (Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, San Paio de Narla e o Pazo de Tor) acollerán actividades orientadas a propiciar a creación e a convivencia e a divulgar e transmitir a cultura e a historia do país a través das coleccións e fondos dos museos. Campamentos, obradoiros creativos, contacontos, ioga, cinema inmersivo ou xadrez son algunhas das propostas destacadas desta axenda pensada para nenas e nenos, rapaces e rapazas de diferentes idades pero tamén con opcións para a participación interxeneracional.
Na presentación das actividades, acompañada pola xerente da Rede Museística e persoal dos museos, a deputada de...
leer másO Concello de Barreiros comezará o luns 23 de xuño un novo taller sobre o uso do teléfono móbil no Teleclub da Rilleira. Será todos os luns de 10:00 a 11:00 horas.
As persoas interesadas en asistir deben anotarse no Concello, ben presencialmente nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982.124.002. Estes talleres, que estamos achegando a distintos lugares do municipio, son impartidos polo obradoiro de emprego no módulo de dinamización. Co seu alumnado aprenderedes a facer un uso máis consciente e informado dos móbiles, sobre todo as persoas maiores, as cales poderán sacarlle máis partido ao seu terminal.
Xunto con estes talleres combínase unha recollida de fotografías antigas para crear un fondo documental por parroquias que sirva para manter a memoria colectiva e das familias, polo que animamos á xente a...
leer másEl colectivo Galdo Maxín organiza un taller de baile en Bravos, parroquia del municipio de Ourol. Será esté domingo, día 15 de junio, desde las 11:00 horas. Las plazas son limitadas y las inscripciones pueden realizarse a través del correo galdomaxín@gmail.com.
“Ven a compartir unha mañá chea de música, movemento e diversión cos teus seres queridos. Un espazo onde todas as idades poden gozar do ritmo e da alegría xuntos. Non importa se nunca bailaches, aquí todos son benvidos!”, anuncia Galdo Maxín, que añade que será impartido por “la gran Cris Vilariño: nacida en Lugo, su pasión por el movimiento comenzó en la infancia. Tras licenciarse en periodismo, volvió a la danza, diplomándose en Danza Contemporánea e investigando técnicas como el Butoh y la improvisación. Ha participado en numerosos...
leer másO Concello do Valadouro organiza o programa Ludiverán, con actividades orientadas a rapaces e rapazas nacidos entre o ano 2013 e o 2021. Desenvolverase do día 30 de xuño ó 29 de agosto desde ás 9:00 ata as 14:00horas.
As inscricións poden facerse ata o 18 de xuño por medios telemáticos (sede electrónica), nas oficinas da Casa da Cultura ou nas Oficinas Xerais do Concello.
O Concello de Ourol organiza un ano máis a Ludoteca de Verán dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos de idade. Levarase a cabo durante os meses de xullo e agosto en horario de 10:30 a 13:30.
Contará cun servizo de conciliación dende as 8:30 e ata as 14:00 para aquelas familias que o necesiten (para máis información deben contactar coa Casa da Cultura ou no teléfono 982.55.90.19).
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 16 de xuño de 2025.
Para máis información e inscricións poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982.55.90.19/677.48.94.57).
O concello de Cervo acollerá un campamento dixital gratuíto desde o 30 de xuño ata o 11 de xullo.
“O Campamento Dixital chega ao noso Concello este verán. Unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI,do Ministerio de Xuventude e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais garantindo así a súa inclusión dixital. Búscase así formar en competencias dixitais básicas a nenos e nenas de entre 9 a 11 anos. Terá lugar en San Ciprián do 30 de xuño ao 11 de xullo. Se estás interesado en anotarte nesta campamento que é de balde podes facelo ata este venres, 13 de xuño, na Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57)”, anuncia o Concello de Cervo.
Acisa e a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo uníronse de novo para levar a cabo un novo proxecto de formación en inglés destinado ao persoal de comercio e hostalaría.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “hoxe vimos de presentar un novo proxecto que nos parece moi interesante, facémolo da man da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo coa finalidade de ofrecer a todos os traballadores e traballadoras do comercio e da hostalaría a realización dun curso de inglés específico para todos eles. O que pretendemos é seguir a traballar no servizo de formación que ofrece a nosa entidade. Trátase de facilitar formación en idiomas dun xeito práctico e adaptado ao vocabulario mais necesario para os profesionais destes dous grandes sectores económicos, cubrindo así unha demanda que vimos observando dende hai anos”.
... leer másEl Teleclub de Sante, parroquia del municipio de Trabada, acogerá un curso de manipulador de alimentos e higiene alimentaria este viernes, día 13 de junio. Se desarrollará de 16 a 20 horas.
Es gratuito y las plazas son limitadas.
Está organizado por la Asociación de Vecinos de Sante, que anuncia: “de la mano de Afammer ofrecemos esta jornada formativa. Será gratuito y sin duda es muy necesario en estos tiempos”.












