Cursos

09/09/2023

O local da asociación de veciños de Santo Adrao, en Lourenzá, acollerá un curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria de 12 horas. Será os días 25, 27 e 29 de setembro de 16:00 a 20:00 horas e está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

As inscricións poden facerse a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982.12.13.76 e 698.15.96.67. O prazo remata o 15 de setembro.

Etiquetas:
08/09/2023

Está aberto o prazo de inscrición do curso de bordado do Concello de Burela.

O curso terá lugar do 15 de setembro ao 15 de maio na Casa da Cultura, poidéndose elixir quenda entre os luns ou os mércores de 17:00 e a 20:00 ou os mércores, xoves ou venres de 10:00 a 13:00.  O prezo de matrícula é de 30 euros. 

As inscricións poderán realizarse só presencialmente, no Concello de 9:00 a 14:00, ata cubrir prazas, sendo imprescindible estar empadroado/a en Burela e traer copia do DNI. 

Etiquetas:
08/09/2023

A Escola de Vilaboa, no concello da Pontenova, acollerá un curso de fruticultura, concretamente de enxertos de xema, cunha duración de 12 horas. Será os días 19, 20 e 21 de setembro de 16:00 a 20:00 horas. Está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

As inscricións poden facerse até o 15 de setembro no teléfono 679.192.000 ou no correo electrónico meira@sindicatolabrego.gal.

Etiquetas:
08/09/2023

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en San Ciprián.

A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427

O curso está previsto que arrinque o próximo 13 de setembro no pavillón do CEIP Península da Paz.

As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals,...

leer más
Etiquetas:
07/09/2023

Como en anos anteriores e ata o 15 do presente mes de setembro, ábrese o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música de Burela.

Para formalizar a inscrición as persoas interesadas deberán acudir á Sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10:00-14:00, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula. Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola.

Durante este curso, como en anos anteriores, a Escola  de Música  traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc.

... leer más
Etiquetas:
06/09/2023

Segue aberto o prazo de inscrición nos cursos de inglés para persoal do comercio e da hostalería, organizados por Acisa e pola Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.  

Carmen Cruzado, a presidenta de Acisa, explicou que “ata o próximo dia 15 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de inglés para comercio e hostalería, que organizamos dende Acisa e a EOI de Ribadeo. Esta iniciativa nace coa finalidade de ofrecer a todos os traballadores e traballadoras do comercio e da hostalaría a realización dun curso de inglés especifico para todos eles. E o que pretendemos é dar un novo servizo dende a nosa entidade. Trátase de ofrecer formación en idiomas dun xeito técnico e adaptado ao vocabulario mais necesario para os profesionais destes dous grandes sectores económicos, cubrindo así unha demanda que vimos observando dende fai...

leer más
05/09/2023

Mondoñedo acollerá un programa de formación para a dixitalización de mulleres desde o 26 deste mes ata o 9 de novembro.

Esta actividade de formación gratuíta, que inclúe un ordenador portátil de regalo e título acreditativo, é para mulleres de Mondoñedo e desenvolverase no Pazo de Santo Tomé en horario de 09:00 a 14:00 horas ou de 16:00 a 21:00 horas.

As interesadas poden contactar cos organizadores a través do teléfono 698.19.75.18, do correo electrónico lugo@galegasdixitais.es ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo (teléfono 982.52.40.03)

 

Etiquetas:
21/08/2023

Ribadeo acollerá do 30 de agosto ao 1 de setembro o XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga, e ao que acudirán medio cento de participantes procedentes de Madrid, Asturias, Castela-León e Galicia.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “se segue mantendo máis ou menos o mesmo esquema de traballo que en anos anteriores. É dicir, hai unha parte dedicada ás conferencias e outra aos talleres”.

Doural contou que “a inauguración será o 30 de agosto ás 10 da mañá nas nosas instalacións. Esa xornada contaremos coa participación da empresa Enriel e Manuel Lage (doutor enxeñeiro industrial en Madrid e Bilbao), que é unha persoa que traballou en Iveco, en Barreiros… e que agora está xubilado e é un dos nosos novos colaboradores. Lage vai...

leer más
Etiquetas:
16/08/2023

O artista viveirense Roque B. Fanego amosa a súa obra na exposición “Lembranzas do camiño” ata o vindeiro sábado 19 na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro.
 
A motivo da mesma tamén compartirá a súa arte e coñecemento de xeito solidario e ao vivo cun obradoiro de debuxo ao natural, este mesmo xoves 17 de 12:00 a 13:30h nun espazo que convida ao debuxo como é o Adro da Igrexa de Santa María de Viveiro.

O artista recorda que o obradoiro vai dirixido a persoas maiores dos 12 anos. Será de balde e as persoas inscritas deberán levar un Bloc de debuxo, lapis 5B e 6B,goma de borrar, afila e difumino; e quen dispoña de cabalete tamén o poderá levar para a súa comodidade.

Inscricións no contacto da Asociación Prato_do que colabora co autor. 617 461 723 ou enviando correo a...

leer más
Etiquetas:
04/08/2023

A Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio organiza un obradoiro de bateo de ouro na Finca Galea (Alfoz) para o próximo martes 8 de agosto. O obradoiro, dirixido polo recoñecido divulgador da xeoloxía galega Francisco Canosa, organizarase en tres quendas, dende as 16.00 ás 19.00, que se artellarán da seguinte maneira:

  • 1ª quenda: de 16 a 17 horas
  • 2ª quenda: de 17 a 18 horas
  • 3ª quenda: de 18 a 19 horas

O prezo da actividade é de 5€ para os socios da Asociación e 10€ para os non socios, que aboarán a cantidade mencionada no mesmo lugar onde se desenvolverá o obradoiro.

As inscricións están abertas e as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a mr....

leer más