Cursos
O Concello de Burela, a través das áreas de Servizos Sociais e Inmigración, pon en marcha unha nova edición de cursos gratuítos de formación dixital Yo conecto, dirixidos á veciñanza. A iniciativa desenvolverase na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e inclúe catro accións formativas diferentes que se impartirán entre o 23 de febreiro e o 18 de marzo.
Os cursos terán lugar de luns a xoves, en horario de 17:00 a 20:00 horas, e a programación estrutúrase en catro semanas, cada unha dedicada a unha temática concreta relacionada co uso das tecnoloxías.
A primeira formación, Iniciación ao mundo dixital, impartirase do 23 ao 26 de febreiro. Do 2 ao 5 de marzo desenvolverase o curso A túa banca dixital. Compras seguras en liña. A terceira proposta, Ocio dixital: apps para...
leer másO GALP A Mariña-Ortegal organiza un curso sobre turismo mariñeiro que se desenvolverá do 23 ao 27 de febreiro.
Os promotores desta iniciativa explican que “os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia uníronse na promoción do proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca&Turismo, baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa de diversificación pesqueira que aposta polo emprendemento, a profesionalización e a creación de novas fontes de ingreso nas comunidades mariñeiras. No marco deste proxecto vaise impartir un Curso de Turismo Mariñeiro e Pesca Turismo, no que se ofrecerán ferramentas prácticas para desenvolver este tipo de actividades, poñer en valor o noso patrimonio marítimo pesqueiro e contribuír ao fortalecemento do sector. O curso celebrarase na semana do 23 ao 27 de febreiro, en horario...
leer másO Concello de Burela pon en marcha un curso de batucada, que dará comezo o vindeiro venres, 6 de febreiro, e desenvolverase ata o mes de xuño. As sesións, con carácter semanal, terán lugar os venres de 18:00 a 19:30 horas, na Praza de Abastos.
A actividade, con prazas limitadas, está dirixida a persoas maiores de 12 anos empadroadas no concello e non é preciso contar con experiencia previa. As persoas participantes poderán traer o seu propio instrumento.
A formación estará impartida por Carlos Méndez, da Batucada CadaBatú, e inclúe a posibilidade de participar en desfiles durante o Entroido e as Festas Patronais, sempre que se cumpran os requisitos de asistencia establecidos.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, sinalou que “queremos ofrecer actividades atractivas e dinámicas que...
leer másA Aula CeMIT de Viveiro, que está nos Claustros de San Francisco, acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade o día 10 de febreiro, martes, de 10:00 a 12:00 horas.
O Concello de Viveiro convida a participar “neste obradoiro práctico no que aprenderás a protexer a túa empresa no mundo dixital: identificar riscos, recoñecer correos fraudulentos e manter seguras as túas credenciais e dispositivos. Dirixido a pemes, persoas autónomas e a calquera persoa interesada en mellorar a súa seguridade dixital”.
A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta a súa programación formativa para o mes de febreiro, cunha oferta de cursos dirixidos a opositores, estudantes e público en xeral, que combina formación xurídica, lingüística, ambiental e de benestar persoal.
“Entre as actividades programadas destaca o Curso para opositores: Nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que será impartido pola docente Inés García Balseiro, avogada e formadora. O curso desenvolverase do 9 ao 12 de febreiro, cunha duración total de 30 horas. Tamén dará comezo o Curso de Inglés A2, impartido pola profesora e habitual colaboradora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Leticia Veiga Lestegás, cunha duración de 30 horas online, desde o 9 de...
leer másA aula CeMIT de Barreiros será unha das sedes nas que se celebrará o exame para a obtención da certificación galega en competencias dixitais ComDix, no seu nivel iniciación. A convocatoria oficial das probas foi publicada este pasado venres, 16 de xaneiro, no Diario Oficial de Galicia (DOG). O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o luns 19 ata o mércores 28 de xaneiro. No caso de Barreiros o exame terá lugar o mércores 25 de febreiro ás 10:00 horas na aula CeMIT, situada no Teleclub de San Cosme.
A certificación ComDix é a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega e baseada no Marco Europeo de Competencias Dixitais (DigComp) que acredita as habilidades dunha persoa no uso das tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como profesional. Toda a información relativa á convocatoria, requisitos...
leer másO Concello de Viveiro, a través da plataforma YOCONECTO.org e a Fundación Cibervoluntarios, ofrece en febreiro novos cursos presenciais e gratuítos na Aula CeMIT para axudarche a sacarlle o máximo partido á tecnoloxía. Todos os...
leer másA parroquia de Arante súmase ás actividades do programa Preto de Ti organizadas polo Concello de Ribadeo.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, comentou: “estamos muy contentas por seguir sumando parroquias de nuestro municipio a las actividades de Preto de Ti, que retomamos tras las Navidades. Este programa llega también a Arante. Ahora mismo son 207 las personas que disfrutan de gimnasia, charlas sociosanitarias, manualidades, cursos o talleres de memoria en las parroquias ribadenses”.
A edil engadiu: “seguimos trabajando para que las vecinas y los vecinos de nuestras parroquias sigan aprendiendo, disfrutando y pasando un buen rato entre amigos y vecinos”.
O venres 23 de xaneiro ás 7 da tarde a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, de Ribadeo, (rúa Antonio Otero, 19), acollerá o evento titulado Soberanía Dixital X: Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración.
Está organizada polo colectivo amarinha.gal, que explica: “unha actividade pensada para tomar o control do noso móbil e ordenador a través de ferramentas libres, instalada e comprendidas, así como dos máis indispensables programas/apps para relacionarnos coas institucións. Quen queira participar e teña algunha dúbida aínda está a tempo non só de asistir senón tamén de facer propostas para instalar ferramentas ou apps concretas, para o que se propón a quen teña pensado asistir que transmita as súas necesidades e atendelas no posible, da instalación do programa de...
leer másAlfoz acollerá clases de baile de verbena os xoves desde febreiro ata xuño de 18:30 a 19:30 horas.
O Concello de Alfoz colabora nesta actividade “pensada para aprender, moverse e gozar ao ritmo de rumbas, pasodobres, bachatas, tangos e moito máis. Unha proposta aberta para pasalo ben, aprender pasos novos e compartir baile en boa compañía”.
O prezo é de 35 euros por persoa ao mes e os interesados en participar deben anotarse previamente a través do teléfono 982.55.80.01.












