Cursos

30/09/2026

Este xoves, día 1 de outubro, ás 17:15 horas na Casa da Cultura do Vicedo vaise celebrar un obradoiro para nenos e nenas de Educación Primaria que se titula Fotoconto e consiste na creación de historias e ilustracións coas súas propias imaxes, anuncia o Concello de O Vicedo, que aclara: “as fotografías que se utilicen serán para uso interno da actividade non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin internet”.

A actividade está aberta tamén a nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade doutros concellos.

27/09/2026

O Concello de A Pontenova ofrece clases de ximnasia de mantemento para adultos que se desenvolverán os venres desde o día 2 de outubro ata o mes de xuño.

“Este venres, 2 de outubro, comezan as clases de ximnasia de mantemento nas distintas parroquias. Unha actividade pensada para manterse activos, mellorar a mobilidade e coidar a saúde dun xeito sinxelo e divertido”, anuncia o Concello de A Pontenova, que engade: “non é necesario anotarse. Só tes que acudir directamente no horario indicado no cartel”.

Serán todos os venres nestes horarios: en Xudán, de 16:30 a 17:30 horas; na Pontenova, de 17:40 a 18:40; en Villameá, de 18:50 a 19:50; en Rececende, de 20:00 a 21:00; e en Acebro, de 21:15 a 22:15.

25/09/2026

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición de Arruguiñas, o programa municipal gratuíto de envellecemento activo dirixido ás persoas maiores de 60 anos, que se desenvolverá desde o mes de outubro. As persoas interesadas xa poden anotarse na Casa da Cultura o na Casa do Concello. “A iniciativa mantén a súa aposta por ofrecer un amplo abanico de actividades destinadas a favorecer o benestar físico, mental e social das persoas participantes, combinando propostas xa consolidadas con novas actividades e ampliando tamén algunhas das iniciativas que se desenvolven no Centro de Día Residencia”, explica o Concello de Cervo, que engade: “o programa inclúe talleres de memoria, Móvete, inglés, Actívate, iniciación á lingua de signos, talleres terapéuticos, terapia con maiores -como novidade- e Charlando, ademais doutras actividades pensadas para fomentar a...

leer más
Etiquetas:
19/09/2026

O GALP A Mariña-Ortegal organiza o seu primeiro obradoiro de batchcooking de Pesca Saúde. A actividade consiste nun curso práctico de cociña impartido por profesionais da cociña e nutricionistas. Anuncia que o obxectivo “é aprender a organizar sesións de cociñado para preparar menús semanais saudables incorporando produto pesqueiro. O curso divídese en dúas sesións de 4 horas cada unha, que se celebrarán o martes 29 e o mércores 30 de setembro, en horario de 16.30 a 20.30 na Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa de Burela (Rúa O Río, 9, entrechán 1. Burela). O curso é gratuíto e cómpre inscribirse na web do proxecto (pescasaude.gal) ou no teléfono 627.570.949”.

Neste primeiro curso a restauradora convidada é Mar Orosa, chef do Restaurante El Oviedo (Ribadeo). Estará acompañada pola nutricionista Valeria Freijedo, de Arela...

leer más
18/09/2026

A Escola Municipal de Música de Burela acollerá o martes 22 de setembro unha clase maxistral en produción musical, centrada no son, a gravación e a produción musical. A actividade desenvolverase entre as 12:45 e as 14:00 horas nas instalacións da Escola Municipal de Música de Burela e está dirixida ao alumnado da ESO.

Segundo explicou Mario Pillado, tenente de alcaldesa e responsable da Escola de Música, esta iniciativa “permitirá achegar ao alumnado diferentes aspectos relacionados co son e coa produción musical, nunha actividade formativa vinculada ao ámbito da música e da gravación”.

Desde a Escola Municipal de Música de Burela facilítase información sobre a actividade nos teléfonos 982.879.483 e 982.580.720, así como no enderezo electrónico escolademusica@burela.org...

Etiquetas:
14/09/2026

O Concello de Trabada pon en marcha un novo curso do programa de terapia ocupacional dirixido ás persoas maiores, “unha iniciativa gratuíta que se vén desenvolvendo desde hai anos e que conta cunha moi boa acollida entre as persoas participantes”.

As sesións comezarán os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro, e continuarán ata o mes de xuño. A actividade desenvolverase os martes, mércores e xoves, achegándose a diferentes parroquias do concello para facilitar a participación das persoas maiores.

“Da man dun profesional da terapia ocupacional, durante as sesións realízanse diferentes exercicios e dinámicas orientadas a traballar tanto a parte física como a cognitiva, contribuíndo a manter a axilidade, estimular as capacidades e favorecer un envellecemento activo”, explica o Concello de Trabada.

... leer más
Etiquetas:
13/09/2026

O Concello de Xove anuncia que o martes 15 de setembro abre o prazo de inscrición para as actividades de ocio e tempo libre da nova tempada que comezará no mes de outubro.

Haberá actividades como memoria e estimulación cognitiva, informática, manexo de móbil, ximnasia de mantemento, pilates, ximnasia na auga, bolillos, bordado e ioga.

A inscrición pode facerse a través da sede electrónica do Concello de Xove ou de forma presencial por rexistro na OMIX.

13/09/2026

O luns 14 de setembro comeza en Burela un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional.

O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.

09/09/2026

O Concello de Cervo abre o prazo de inscrición para unha nova edición do programa de ocio e tempo libre Brincos de Lecer coa Ra Ramira, que se desenvolverá ao longo do curso na Casa da Cultura de San Ciprián e que “se consolida tras a moi boa acollida das pasadas edicións”.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou a programación acompañada por Alba Fernández e Carmela Rodríguez, encargadas de impartir, respectivamente, as actividades de Brincos de Lecer e o obradoiro Playing in English, que se desenvolve en colaboración coa English School de San Ciprián.

O Concello de Cervo explica que este programa “mantén a súa aposta por ofrecer ás familias un espazo de ocio educativo durante as tardes do curso escolar, con propostas adaptadas ás diferentes idades que combinan...

leer más
06/09/2026

O Concello de Barreiros anuncia: “estes días abrimos os prazos para renovacións (non se precisa facer nada), renuncias e novas inscricións para participar nas actividades das Escolas Deportivas Municipais de adultos que organiza o Concello de Barreiros para o curso 2026/2027”. As actividades comezarán o día 1 de outubro, xoves.

Esta tempada ofértanse clases de ximnasia de mantemento, pilates, ioga suave, ioga vivo, espalda saudable, zumba/step e baile en San Cosme e San Miguel de Reinante.

O Concello de Barreiros destaca que “este curso, por primeira vez, as persoas con matrícula vixente no último mes do curso pasado, maio-xuño 2026, terán dereito á renovación automática da súa praza, mantendo a actividade e localidade. Se é o teu caso e queres continuar, non tes que facer nada. No caso contrario, se non desexas...

leer más