Vikinga

Etiquetas:
29/07/2016
Todo está a punto no Vicedo para a celebración da I Romaxe Vinkinga, que terá lugar este sábado, 30 de xullo. Haberá buses desde Viveiro e desde O Barqueiro.
 
O sábado, 30 de xullo, terá lugar en O Vicedo a I edición da Romaxe Viquinga.
 
Comezará ás 9:30 horas coa apertura do campamento ao público e o inicio dos talleres. Entre as 12:00 e as 14:00 horas terá lugar a batalla entre os viquingos e os cabaleiros da orde da Cruz de Santiago na praia de San Román onde ás 13:00 horas chegará o barco viquingo de Olaf Haraldson.
Ás 14:00 horas terá lugar a subida ao campamento e a charla sobre o asentamento viquingo de O Vicedo que ofrecerá o historiador e arqueólogo Iñaki Sagredo. Ás 14:30 horas terá lugar a comida campestre e ás 16:00 horas reiniciaranse as actividades e talleres no campamento das asociacións viquingas Ulf Klan e Jacobsland.
... leer más