Do 21 ao 27 de marzo haberá visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro. Están organizadas por sexto ano consecutivo polo Centro Comercial Histórico.

Do 21 ao 27 de marzo haberá visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro. Están organizadas por sexto ano consecutivo polo Centro Comercial Histórico.
 
Desde Centro Comercial Histórico de Viveiro explican que “por sexto ano consecutivo, e dado o gran éxito e aceptación que tiveron entre o público as edicións anteriores, no ano 2016 volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez”. 
 
E subliñan que “durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuíto”. 
 
Centro Comercial Histórico de Viveiro indica que “o obxectivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o mais próximo é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio material e inmaterial, a historia da nosa vila e como redundou no resto de Galiza. A mellor ventá para dar a coñecer o que somos e de onde vimos, toda a historia que encerran as nosas ruas, calexas, monumentos, arquitectura, en definitiva…. Descubrir os encantos dun dos cascos Históricos de mais sona da Comarca”. 
 
As visitas serán da man do viveirense Suso Martínez, vicepresidente da Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia (APIT Galicia), profesor de historia e especialista na Historia popular de Galicia.
 
Horarios: 
Luns 21, martes 22 e mércores 23 de Marzo.- ás 18:00 horas
Xoves Santo, 24 de marzo.- ás 12:00 horas
Venres Santo, 25 de marzo.- 13:00 horas
Sábado de Gloria, 26 de marzo.- ás 17:30 horas
Domingo de Resurrección, 27 de marzo.- ás 13:00 horas