Galipizza abriu en Oviedo o seu segundo local fóra de Galicia. A firma conta tamén cun establecemento en Xixón, que foi inaugurado en maio.

Galipizza abriu en Oviedo o seu segundo local fóra de Galicia. A firma conta tamén cun establecemento en Xixón, que foi inaugurado en maio.
 
O Grupo Galipizza conta desde o pasado xoves co seu segundo local en Asturias, tras inaugurar na rúa Campomanes de Oviedo un novo “Lugar de Pizzas, Burgers & Tapas”, que se une ó que xa abrirá en Xixón no mes de maio.
Esta supón a terceira inauguración no que vai de ano, sumando xa sete locais desta firma hostaleira galega, que naceu en Viveiro en 1993 e actualmente conta tamén con locais en Ribadeo, na localidade coruñesa de Culleredo, en Santiago de Compostela e na zona de Riazor en A Coruña.
O novo local de Galipizza en Oviedo está situado moi preto do centro histórico da cidade, concretamente no número 8 da rúa Campomanes, que durante a inauguración do pasado xoves viviu o seu primeiro cheo total, confirmando a boa acollida da marca en Asturias. Os clientes poden gozar dun orixinal espazo duns 300 metros cadrados e que no seu decoración ten detalles que recordan a outros locais Galipizza, aínda que neste caso faise un guiño especial ao oficio dos carpinteros artesanos, que se pode apreciar nas súas mesas inspiradas nos obradores de carpintería.
Polo tanto en Oviedo pode degustarse xa a Galipizza, a súa marca patentada de pizza artesanal e que, en lugar da clásica mozarella, cóbrese con queixos galegos. A riqueza dos queixos asturianos abre novas ideas creativas, pois a empresa xa os incorpora nos seus novos pratos, como a GalizBur Platino de Taramundi, una hamburguesa que, ademais de incluír queixo deste concello asturiano, preséntase na mesa xunto a un coitelo artesán de Taramundi.
O xerente do Grupo Galipizza, José Manuel Vázquez, móstrase moi satisfeito con este novo paso adiante da empresa: “Este ano 2015 marca definitivamente o salto da nosa empresa. Acabamos de cumprir 22 anos de historia e facémolo poñendo en marcha as nosas primeiras franquicias e abrindo o terceiro local neste ano. Oviedo é xa o noso sétimo local, o que representa un gran éxito para todas as persoas que colaboraron na evolución de Galipizza”.
Este crecemento da marca Galipizza supón tamén un innegable pulo á creación de novos postos de traballo, pois cada un dos novos locais conleva a contratación dun bo número de persoas. Por exemplo Galipizza Oviedo da traballo a dezaséis empregados.