
A Sociedade Cultural A Rula, de Foz, comeza este venres, día 29 de maio, ás 17:00 horas no Cenima a iniciativa titulada Parolas na Rula. Nesta ocasión o acto está dedicado ás mulleres do mar de Foz.
“Arrancamos coas Parolas na Rula. Comezamos coas mulleres do mar de Foz: redeiras, pescantinas, as que foron á fábrica. Queremos unha rúa para todas e máis aínda botar unha parolada con elas! Queremos que elas tomen a palabra e que nos conten. É a nosa homenaxe, que ben ganado o teñen! Estades todas convidadas e para as que xa non están, vide lembralas e falarnos delas. Seguro que tedes moitas historias que contarnos!”, anuncia a Sociedade Cultural A Rula.


