Nordés Faladora organiza un obradoiro de iniciación á fotografía na Casa da Cultura do Vicedo os días 26 e 27 de febreiro.

Nordés Faladora organiza un obradoiro de iniciación á fotografía na Casa da Cultura do Vicedo os días 26 e 27 de febreiro.
 
Os organizadores sinalan que “de seguro que a moitos e moitas nos regalaron este nadal unha cámara fotográfica. Ou que a teñamos gardada nun caixón porque o noso móbil é o que usamos para facer fotos. Si é así estás de noraboa. Nordés organiza un obradoiro gratuíto dedicado á fotografía para que lle saques partido a ese regalo ou inversión. Un obradoiro que che vai descubrir as posibilidades superiores dunha cámara dixital ou analóxica fronte á do teléfono, co cal vas a facer mellores tomas e, o que tamén é moi importante, disfrutar ó facelas e tratalas”. 
 
Desde Nordés Faladora engaden que “para elo tan so precisas apuntarte canto antes ó obradoiro, pois ten en conta que tan so hai 15 prazas, as cales cubriranse por orde de inscrición, podéndose facer a mesma chamando ó teléfono 653756454 (Ricardo), ou ben mandando unha mensaxe a asociacion.nordes@gmail.com”. 
 
O obradoiro de fotografía de Nordés terá lugar na Casa da Cultura do Vicedo o venres 26 de febreiro 19:30 a 22:00 horas, e o sábado 27 de 16:00 a 19:00.