AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai.

AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do día da nai. 

Todas aquelas persoas que durante estas xornadas realicen as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA entrarán no sorteo de 20 vales de compra de 50 euros cada un para gastar ao longo das vindeiras semanas. 

O sorteo terá lugar o 5 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás nun día tan especial”. 

E engade: “e despois toca celebralo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración moi importante, disposto a sorprender coas súas propostas gastronómicas para disfrutar tanto nos propios establecementos como para levar para as nosas casas. Celebrémolo con seguridade, con sentidiño e seguindo todas as normativas sanitarias en vigor”.