Acisa reparte desde o 18 de xullo 7.000 exemplares dos rueiros editados para distribuír entre os turistas que cheguen a Ribadeo.

Mañá, martes, Acisa efectuará o 2º reparto dos rueiros editados hai algunhas semanas. En total repartiranse nesta quenda 7.000 unidades entre os hoteis asociados, na Oficina de Turismo, na praia das Catedrais e no Real Club Náutico de Ribadeo. 

Desde a directiva explican que “este segundo reparto faise despois de actualizarse o mapa de asociados, debido ao elevado número de altas que tivemos en Acisa nos últimos tempos”.

En Acisa subliñan que “todo aquel asociados que desexe ter exemplares para entregar aos seus clientes, sexa comerciante ou hostaleiro so ten que solicitalo. O obxectivo é dar a coñecer aos nosos asociados e asociadas, a turistas e visitantes todo o que poden atopar cando chegan a Ribadeo”. E engaden que “deste xeito concluímos o programa de publicidade e promoción que na asociación puxemos en marcha a comezos de ano”.

Sorteo de entradas para o trofeo Emma Cuervo
Por outra banda, Acisa vai sortear 3 entradas para asistir ao Trofeo Emma Cuervo, que disputarán o vindeiro sábado, 22 de xullo, o Club Deportivo Lugo e o Real Oviedo FC, a partir das 19:30 horas. 

Desde Acisa explican que “a forma de participar é moi sinxela, so tedes que facervos fans da nosa páxina en facebook, despois hai darlle a me gusta na publicación referida ao sorteo e etiquetades a dous amigos cos que queirades ir ao partido xunto a un comentario”.

O sorteo das entradas será o venres, día 21. E o nome do gañador coñecerase a partir das 13:00 horas. O afortunado deberá recoller o seu agasallo nas oficinas de Acisa antes das seis da tarde do propio venres. 

Acisa anima a participar no sorteo e aclara que “se fará a través dunha plataforma dixital na que so o azar será o que teña a última palabra de quen é o gañador”. E indican que “queremos reafirmar así o noso compromiso co deporte e coas asociacións deportivas ribadenses, coas que seguimos a colaborar, na medidas das nosas posibilidades”.