A aula Cemit do Vicedo acolle unha sesión formativa práctica sobre ciberseguridade o 29 de abril

A aula Cemit do Vicedo acollerá unha sesión formativa práctica gratuíta titulada “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”. Será o luns 29 de abril de 18:00  a 20:00 horas.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse na propia aula CeMIT, a través do teléfono 982.590.195 ou do correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com.