A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión ao parque da natureza de Cabárceno (Cantabria) o 20 de agosto.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión ao Parque da Natureza de Cabárceno, en Cantabria. Será o vindeiro luns, día 20.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo na localidade de Unquera, a entrada con visita panorámica ao parque de Cabárceno cun guía especializado, a comida e seguro asistencia de viaxe. O prezo é de 70 euros por persoa para os adultos e de 35 para os nenos e nenas, con menú infantil na comida. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.