Cangas de Foz acollerá o IV Cross Popular Os Castros e o campionato galego de cross o 22 de outubro.

O club de atletismo Ría de Foz organiza a cuarta edición do Cross Popular Os Castros para o 22 de outubro, domingo, en Cangas de Foz. Será pola tarde e nesa mesma xornada pola mañá haberá tamén o campionato galego de campo a través.

Os organizadores explican: “este ano o noso club dá un pasiño máis organizando o campionato galego de cross por equipos nas categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23, Absoluta e por Relevos Mixtos. Na xornada da mañá do 22 de outubro celebrarase o Campionato Xunta de Galicia, mentres que pola tarde organizaremos a IV edición do Cross Popular Os Castros. Se estás federado, fala cos teus compañeiros/as e inscribe ó teu equipo para participar no campionato galego. (Inscricións en sdp.rfea.es). Se non estas federado ou non sodes suficientes para formar un equipo poderás participar pola tarde no IV Cross Os Castros. (Inscricións en https://www.carreirasgalegas.com/.../iv-cross.../0dlBgnmn... ). Recorda que ademais o IV Cross Popular Os Castros e puntuable para o circuíto de carreiras DUACODE - RUN FOZ RUN”.