Convocado o primeiro Concurso de Fotografía Neve en Muras. O prazo de presentación de traballos remata o 17 de xaneiro.

O Concello de Muras convoca a primeira edición do concurso fotográfico Neve en Muras.

Os concursantes subirán as fotos nevadas de paisaxes, patrimonio, contorna de Muras a facebook, co hastag #neveMuras. Terán de prazo ata o 17 de xaneiro. Non poden ser fotos retocadas nin nas que se teñan usado filtros. Tamén deberá especificarse a localización da imaxe tomada. Cada participante pode presentar un máximo de 2 fotos.

Os/as gañadores/as serán escollidos por votación popular mediante a suma de “gústame” nas imaxes que colgaremos no muro máis voto do fotógrafo Marcos López Alonso máis voto dun fotógrafo de Xaora Fotógrafos.

As fotografías gañadoras quedarán para uso do Concello de Muras, pero respectarase a integridade e autoría da obra.

Haberá tres premios, de 100 euros cada un, todos coa mesma categoría. Serán vales para gastar nos locais e establecementos do Concello de Muras. (Se o gañador fose menor de idade non poderá adquirir bebidas alcohólicas nin tabaco).