Do 21 ao 23 de agosto terán lugar en Ribadeo as XVIII Xornadas de Historia Local, que organiza a agrupación cultural Francisco Lanza.

A Agrupación Cultural Francisco Lanza retoma súas actividades culturais e organiza do 21 ao 23 de agosto as XVIII Xornadas de Historia Local. Nesta ocasión centraranse en explicar a historia de Ribadeo a través da toponimia da contorna. 

O venres, 21 de agosto, ás 20:30 horas, o Auditorio de Cabanela acollerá a charla impartida por Rocío Dourado Fernández “O que ten nome existe: toponimia do concello de Ribadeo”. En caso de choiva o acto trasladarase á Casa do Mar. 

O domingo, día 23, ás 19:30 horas en Porcillán, haberá un paseo en barco guiado por Antonio Vidueiro, Víctor M. Díaz e Ángel Prieto, que falarán da "Talasonimia da Ría de Ribadeo". O aforo será limitado por mor da crise sanitaria, polo que os interesados en asistir deberán inscribirse vía WhatsApp no 649631903. 

Estas xornadas organizadas pola Agrupación Cultural Francisco Lanza contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.