Do 27 de abril ao 6 de maio desenvolverase a campaña "Céntimo solidario", que organizan o CCA de Foz e a delegación local da AECC.

O Centro Comercial Aberto de Foz colaborará un ano máis coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro. A súa presidenta, Antonia García Fra, e o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, presentaron a campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 27 de abril ao 6 de maio. 

Arredor de 50 locais asociados participan nesta campaña organizada para recadar fondos para a AECC. Neses establecementos haberá situadas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran depositar. Antonia García Fra e José Carlos Paleo fan unha chamada á solidariedade porque “toda axuda é importante”. 

Premios Ruta de Tapas
O vindeiro martes, 24 de abril, ás 21:30 horas no Tangarte Mariñeiro terá lugar a entrega de premios aos gañadores da XV Ruta de Tapas, que se celebrou en Foz a pasada Semana Santa. Nese acto recibirán os seus galardóns Bar 78, Anduriña e O Lar de Bustos. 

30 Aniversario da Acia focense
Acia/CCA de Foz está de aniversario. O 16 de maio no hotel restaurante Leytón terá lugar unha cea para celebrar os 30 anos que cumpre a asociación. Nese acto renderase unha homenaxe, un recoñecemento a Suso Fernández que foi o primeiro presidente de Acia Foz, posto no que permaneceu durante 15 anos. Acia/CCA de Foz ultima os preparativos de este especial evento.