En Ribadeo Acisa sortea tres ceas para dúas persoas, cada unha, dentro da campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 4 ao 14 de febreiro.

Acisa Ribadeo sorteará tres ceas para dúas persoas dentro da campaña de San Valentín, que terá lugar do 4 ao 14 de febreiro.

Esta campaña lévase a cabo baixo o slogan O que necesitas é amor, pero comer hai que comer. Acisa quere con iniciativas como esta “animar aos consumidores a facer as súas compras destas datas en Ribadeo e así dinamizar o comercio de proximidade”. 

Desde a directiva de Acisa explican que “aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados do 4 ao 14 de febreiro, deberán cubrir unha papeleta para participar no sorteo de tres ceas románticas para dúas persoas, cada unha delas”.

Entre os días 15 e 16 de febreiro os comercios asociados entregarán as papeletas cubertas aos membros da oficina de Acisa, en Avenida de Galicia 20, 2ª planta. E o día 16 pola tarde procederase a sortear as tres ceas románticas, das que @s afortunad@s poderán gozar o 18 de febreiro en La Quinta, La Botellería e O Cabazo.